THE HOMENS: tres

26 Mar

saltando.gif 

preme na imaxe para acceder á web de The Homens

Confeso que teño desde hai tempo unha débeda pendente cos rapaces da camisola de raias, e vai sendo hora de saldala. Foi no xa afastado 15 de outubro de 2007 cando saíu á venda o terceiro traballo deste trío, polo que o seu primeiro LP (tiñan publicados un par de EP´s) non podía chamarse doutro xeito: Tres.

Existen varias posibilidades para facerse con esta xoia do power-pop galego e en galego. Podedes descargar o disco directamente e de balde desde a páxina web de The Homens, ou ben podedes optar polo máis clásico soporte físico, publicado por Falcatruada, e que se ofrece en dúas versións: a tradicional en CD e nun pack especial que contén un vinilo de 12”, un CD de audio e un póster. Esta última opción fíxose cun número limitado de só 500 exemplares, polo que descoñezo se aínda se pode conseguir nas tendas.

A pesares de ser a súa primeira experiencia coa longa duración, Tres destila madurez por tódalas súas pistas. Nótanse o tempo tocando xuntos e a eterna volta musical polos distintos locais do país. O trío compostelán formado por Roi, Xocas e Martin Wu desprazáronse ata San Feliu de Guixols (Catalunya) para gravar nos estudos Ultramarinos Costa Brava de Santi García. O resultado son once temas onde predominan a inmediatez, as letras corrosivas e uns retrousos que se fixan na memoria como as lapas ás rochas (…dance the troita, dance the troita,…). Se tivera que escoller un só tema de Tres, quizais quedaría con Cen Días, pero iso é a miña opinión persoal e sonche un pouco raro.

The Homens publicaron recentemente en Lixo Urbano/ Crack Records un sinxelo en conxunto con Samesugas, consistente nunha edición de 500 copias en vinilo laranxa que contén dous temas inéditos (un por banda) e unha versión por grupo dun tema do outro. Podédelo conseguir enviando un mail a info@crackrecords.es

E se queredes ver a The Homens en directo, estes son os lugares e as datas: 

ABRIL 08

Día 12, Xinzo. Sala Clan

Día 19, Vilalba. Fardela

Día 25, Porriño. Bar Liceum

Día 26, Cedeira. Universal 

MAIO  08

Día 23, A Estrada. Festival: Manguelo + Banda Potemkin + Son do Galpom

Advertisements

Unha resposta to “THE HOMENS: tres”

  1. forragaitas 26 Marzo 2008 ás 12:19 #

    Curiosa mezcla, no elepé que teñen cos Samesugas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: