BECK: odelay (deluxe edition)

28 Mar

malasmusicas.jpg

Disco 1

Disco 2

O 19 de febreiro reeditouse Odelay, do californiano Beck, nunha deluxe edition composta por dous discos.

O primeiro contén as 13 cancións orixinais de 1996 remasterizadas, dous temas inéditos producidos polos Dust Brothers e extraídos das sesións de gravación do álbum, e o tema Deadweight, incluído na banda sonora da película A Life Less Ordinary.

O segundo disco inclúe 16 cortes, entre os que se atopan Thunder Peel (coproducida por Mario Caldato Jr.), unha remestura de Where It´s At feita por U.N.C.L.E. e as remesturas que Aphex Twin e Mickey P. fixeron da canción Devil´s Haircut, cos títulos de Richard´s Hairpiece e American Wasteland respectivamente. Tamén inclúe cancións que no seu día foron cara b: Clock, Electric Music and The Summer People, Lemonade, SA-5, Feather In Your Cap, Erase The Sun, 000.000, Brother, Trouble All My Days, Strange Invitation, Devil Got My Woman (unha versión do clásico de Skip James gravado no estudo orixinal Sun de Memphis antes de que pechase as súas portas) e Burro, unha versión en español do tema Jackass, gravado cunha banda de mariachis.

Así que podemos aproveitar para escoitar de novo esta pequena obra mestra do anti-folk norteamericano, agora remasterizada e ampliada para o deleite da súa lexión de fans. ¡A gozar!

Advertisements

3 Respostas to “BECK: odelay (deluxe edition)”

  1. Lois Lane 28 Marzo 2008 ás 15:14 #

    Como o vexa o sindicato do crime colgando enlaces a discos…

  2. vacorinho 31 Marzo 2008 ás 07:11 #

    señores do sindicato do crime, só son enlaces a archivos que outros subiron, que eu non fixen nada, que yo so bueeenoooo….

  3. vacorinho 1 Abril 2008 ás 07:56 #

    Beck ofrecerá un concerto en Madrid. A promotora Iguapop fixo públicos os detalles da actuación do músico norteamericano prevista para o próximo 9 de xullo na sala La Riviera de Madrid. O californiano presentará así os temas do que é o seu último traballo, The Information, editado en 2006, cancións que alternará co repertorio creado desde 1992, ano en que víu a luz o seu primeiro álbum, Golden Feelings.

    As entradas para o concerto de Beck en Madrid ponranse á venda o próximo mércores 2 de abril.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: