DELUXE: reconstrucción

10 Abr

Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo.
O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera.

Á música daquel rapaz da Coruña foille de novo aplicado a lixa do tempo para pulila un pouco máis; descoñezo se para ben ou para mal, opinións contrarias escoitei arreo. Hai partidarios dos caudais máis brutos e salvaxes, outros decántanse pola suavidade e a domesticación dos regatos creativos para favorecer o nacemento dun son Deluxe, xurdido tras mollar a codia en distintos prebes (rock, soul, blues, folk,..). Pódese considerar Reconstrucción como a continuación natural de Fin de un Viaje Infinito, e teño que recoñecer que a deriva que tomou a música de Xoel nestes dous últimos traballos a min préstame, aínda que boto en falta no estudo un pouco máis dese guitarreo frenético que alcanza nalgún intre dos directos.

Decidín facer un pequeno experimento para avaliar este álbum, e empreguei o iTunes para darlle a cada tema unha valoración segundo o número de estreliñas acadado. O resultado foi irregular, amosando cinco ou seis cancións cunha nota moi alta, e o resto con tan só unha estrela ou dúas. Ao escoitalo de novo variei o meu criterio e inflei un pouco as cualificacións; pásame sempre. Con ou sen inchamentos a cousa é que semella un disco menos redondo que o anterior, que é unha auténtica delicia de comezo a fin (sempre baixo o meu punto de vista), debido quizais á presa á hora de publicalo, non deixando cocer suficientemente a guarnición que debe acompañar a ese gorentoso solombo composto por Este Último Encuentro, Historia Universal ou Pájaros Negros (esta última xa me flipara en directo). Pero en fin, como dixo o outro, ¿quen quere patacas habendo carne?

 

Advertisements

7 Respostas to “DELUXE: reconstrucción”

  1. forragaitas 10 Abril 2008 ás 10:36 #

    Non me vai Deluxe. O que teño é que rexistrarme en Itunes dunha vez!

  2. vintxuca 18 Abril 2008 ás 10:30 #

    Por dios!!!! este tio é un dolor.

  3. vacorinho 18 Abril 2008 ás 10:39 #

    entendo que falas de Xoel e non de min

  4. vintxuca 21 Abril 2008 ás 14:58 #

    entendo que si, de Xoel, de Juan De Dios e do dios que os fixo a todos, sorte a todos aqueles que vaiades este vernes a velos en Santiago, intentade non suicidarvos polo menos ata que remate.

  5. vacorinho 21 Abril 2008 ás 15:26 #

    por aquelo de amortizar o billete, ¿non si?

  6. Sabe 24 Abril 2008 ás 17:21 #

    vacorinho, faime unha ruta de bares Composteláns que coa monha que imos levar manha acabamos en Cuenca!! weno deixoche unha frase do último disco que me causa gran turbación…por non dicir que o que me fai é moita conha!! en qué estaría pensando!!

    si, esta vez tengo que felicitarte
    por tus dotes para las artes de hacer el mal

    vintxuca fascista!

  7. vacorinho 25 Abril 2008 ás 06:13 #

    “si, esta vez tengo que felicitarte
    por tus dotes para las artes de hacer el mal”

    e a min que me sona ao diálogo dunha película de Fumanchú…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: