CORNELIUS no Mardi Gras (A Coruña)

28 Abr

Envioume Rocío xa a semana pasada información sobre o concerto que Cornelius van dar na sala Mardi Gras da Coruña, pero por falta de tempo non puiden publicala ata agora. Os datos son os seguintes:

 

Lugar: Sala Mardi Gras (r/Travesía da Torre, nº 8.)

Data: 9 de maio de 2008

Hora: 22:00 h.

Prezo: 6 €

 

Cornelius é unha banda de Vilagarcía de Arousa formada por David “Chiquillo”, Antonio Casado, Toni B. Willisch, José Vilas, Andoni Arcos e Ton Risco.

A traxectoria de Cornelius comezou no ano 2005 coa publicación dunha primeira maqueta. Desde entón curtíronse xirando por Galiza e participando en diversos certames, onde se fan con varios premios. A integridade do seu repertorio é en inglés.

O seu álbum de debut chámase, paradoxalmente, Greatest Hits, e nel mestúranse diversos estilos como rock, funk, ska, soul,…

Os traballos de mestura e masterización correron a cargo de Segundo Grandío no estudio Casa de Tolos.

Se tivese que destacar algún corte de Greatest Hits quizais quedaría con Dangeours, unha moi persoal versión dun tema do xamaicano Peter Tosh, ou co intenso peche do álbum, Dragonfly.

Greatest Hits pódese mercar (en soporte físico ou dixital) en grandes cadeas (FNAC, Gong,…), a través da web http://www.pai-musica.com ou nas principais tendas de discos do país.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: