R.E.M.: accelerate

5 Mai

preme na imaxe para baixar o disco

Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun.

Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro).

Persegue tamén a este novo traballo outro tópico remiano, o de “mellor disco desde Automatic for the People”. ¿Que dicir? pois que non, que nin Around the Sun era o zurullo no carabullo que algúns quixeron vender a touro pasado (porque cando saíu tamén era “o mellor disco desde…”) nin Accelerate é o novo Document, como agoiran algúns ciber-gurús musicais.

Con todo si presenta este último unha baza moi importante ao seu favor: R.E.M. recupera compactidade doutrora e volta a soar como unha banda, e non como unha mera adición de bos músicos, circunstancia que se repetía desde 1997, ano en que Bill Berry abandonou a nave.

Accelerate é o 14º traballo de R.E.M., e conta como principal característica unha inmediatez maior que os seus predecesores, con temas máis contundentes, aínda que sen afastar o compromiso das súas letras. O disco componse de 11 temas, cunha duración total duns 35 minutos.

Esperta o álbum con Living Well Is The Best Revenge, un tema ruidoso, onde destacan un baixo potente e a acostumada corrección nos coros.

Man-Sized Wreath non baixa a intensidade, contando ademais cun dos retrousos máis pegañentos do disco. En boa xustiza debería ser sinxelo.

Precisamente chega a continuación o que foi o primeiro sinxelo deste Accelerate, Supernatural Superserious: guitarras, enerxía e sinxela asimilación fan deste corte o avance perfecto para este traballo.

Hollow Man é unha historia contada en primeira persoa que comeza pausadamente ao máis puro estilo Everybody Hurts, pero no retrouso acelerase forzada e sen vaselina, levando o tema a unha indefinición que o prexudica.

Houston apoiase tan só nun órgano e nunha guitarra acústica (ao vello xeito de Low) para facer denuncia política.

Accelerate (a canción que lle da nome ao álbum) semella unha peza do Monster vernizada, mentres que Mr. Richards carga contra a administración Bush con feituras power-pop e morriña beatleliana.

Until The Day Is Done é un medio tempo nun lugar intermedio entre a épica e a desgana.

Sing For The Submarine ten a forma dun pesadelo que permite a Stipe amosar o seu rexistro vogal máis escuro.

O traballo remata como comeza, con dúas labazadas sonoras chamadas Horse To Water e I’m Gonna DJ, que te deixan cun bo sabor de boca.

Accelerate promete e ilusiona máis do que finalmente é quen de dar, e fica ao escoitalo a dúbida sobre o seu resultado se non xogase tanto coas intermitencias da súa intensidade; pero aínda así é un disco moi correcto, superior á maioría dos que diariamente se publican.

 

Advertisements

11 Respostas to “R.E.M.: accelerate”

  1. vintxuca 5 Maio 2008 ás 16:56 #

    O que impresiona de Rem é escoitalos en directo, fan que a música chegue de mans a pes e sen darte conta estás saltando e berrando o compás de losing my religion, efecto contrario que causa en min por exemplo Deluxe ou como eu os chamo “cortate las venas” que fan que pes e mans vaian hacia o pescozo de Xoel para esganalo con forza mentres escoitas “los jovenes mueren antes de tiempo”

  2. no,no, gracias a ti 5 Maio 2008 ás 19:45 #

    Haberá que escoitalo lógo. Por incrible que pareza, para algúns, Michael Stipe é un sex symbol (non quero nomear a ninguén vintxu) para outros un membro destacado de El club de Pepino.
    Hola, soy Michael Stipe. (xa tardan)

  3. vacorinho 6 Maio 2008 ás 07:26 #

    Vintxuca, tes que superar xa que Xoel che dixese que non, os traumas non son bos para o desenrolo dunha boa saude mental. Ademáis R.E.M. tampouco é a banda sonora dun parque de atraccións, ás veces son tamén bastante “córtate la venas” como ti dis.
    PD: testimonio de Stipe, urge urge

  4. Sabe 6 Maio 2008 ás 12:18 #

    Ainda recordo cando rompín a cadeira bailando “Everybody hurts” superanimadérrima!!
    Vintxuca, non quero dicir nada pero aínda hai un tipo que resulta máis “cortate las venas”… e a ti encántache!!
    Papá cuéntame otra vez… bajón!!!

  5. vintxuca 7 Maio 2008 ás 14:47 #

    Vamos a ver, non é o grupo da miña vida pero teño que defendelos, en friends Rachel e Ross dabanse o seu primeiro bico con Rem de B.S o segundo foi xa con U2, con esto digo que ainda que a veces son un tanto romanticones, teñen un algo encantador, nas suas cancións teñen variedade algunhas son ben alegres coma Sh.Happy people, outras son mais tristes pero manteñense ahí dende 1980, cousa que non se pode dicir de moitos grupos que fan un gran éxito e non se volve a saber nada mais deles hasta que 20 anos mais tarde sale o cantante na tv, gordo como un bocoi, explicando que se inflou a antidepresivos porque non levou ben a sua “efímera” fama, ou como os que sacan un primer disco mortal e despois adicanse a facer versións do primeiro hasta morrer. Fálase de Rem por algo, e ademais teñen sempre os seus seguidores incondicionais que nunca os cambiarán por grupos de medias tintas que cantan cousas como “parece que está de moda hacerse el tontito” e si M.Stipe me pone! pero a Xoel ya le gustaría..

  6. Rosa León 7 Maio 2008 ás 16:56 #

    Los REM son CANCAMUSEROS!!

  7. vintxuca 14 Maio 2008 ás 11:22 #

    Muy cancamuseros. Rosa eres dios!!!! Solo os Santos rachan guitarras contra o chan coma ti.

  8. vintxuca 14 Maio 2008 ás 11:24 #

    Por certo non hay un sitiño en este espazo de música alternativa para a maravilloserrima Rosa? Pero entonces llego el Doctorrrrrr…

  9. vacorinho 15 Maio 2008 ás 09:11 #

    Rosa León ou Rosa de España?

  10. vintxuca 15 Maio 2008 ás 11:51 #

    estás de coña??? o que fai Rosa de España no es musica ni na, no es educación ni es ná, es un andar en culos por ahi….
    Eu refirome a Rosa León que rima con debajo un botón ton ton.

  11. weinejeni 13 Outubro 2008 ás 18:08 #

    Hello.
    🙂 reflects the couple’s low-key approach to their royal connections.
    Bye.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: