BE YOUR OWN PET: get awkward

8 Mai

preme na imaxe para descargar o disco

Tiven tempo esta semana para escoitar música, grazas ás virtudes dunha lumbocialxia para a que me prescribiron repouso e calor, polo que aproveitei este forzoso lecer para degustar Get Awkward, o novo traballo de Be Your Own Pet.

Be Your Own Pet é unha banda de Nashville (Tennessee), a chamada Music City, U.S.A. Desde o seu nacemento alá polo ano 2003 foron comparados con Yeah Yeah Yeahs, quizais por contar ámbolos grupos cunhas vocalistas femininas cunha, por dicilo dalgún xeito, potente presencia escénica.

O seu estoupido mediático produciuse no ano 2006, coincidindo coa publicación do sinxelo Damn Damn Lash. Cando isto sucedeu os membros do grupo aínda non cumpriran os 18 anos de idade, pero esta circunstancia non lles impediu seren invitados a tocar en prestixiosos festivais como os de Glastonbury ou Reading. Logo desta eclosión publicaron o seu primeiro álbum, Be Your Own Pet.

Dous anos despois está na rúa Get Awkward, no que o cuarteto de Nashville profunda no seu punk-rock con cheiro a garage, pero sen pecharlle as portas a novos estilos e arranxos, que amosan unha maior madurez no son da banda.

A versión U.S.A. deste Get Awkward foi parcialmente censurado ao eliminarse tres temas (Black Hole, Becky e Blow Yr Mind) por seren “excesivamente violentos” segundo palabras dos avogados da Universal.

Estes cortes si foron incluídos na versión europea, que é a que podes descargar aquí.

Asemade a verdadeira faciana de Be Your Own Pet tan só se pode ollar no directo, segundo afirman os asistentes aos seus concertos; alí Jemina Pearl acada niveis importantes de loucura, soportando na súa voz rabiosa toda a contundencia e intensidade da banda.

Pero mentres non chega o intre de poder desgustalos sobre un escenario, conformareime con este Get Awkward; as miñas costas non me deixan outra saída.

Advertisements

2 Respostas to “BE YOUR OWN PET: get awkward”

  1. Sabe 9 Maio 2008 ás 08:56 #

    Gústame este disco vacorinho, thank u. E sabes algo de Adele? a da canción “tired” do anuncio Heineken de barril.
    Check it out!

  2. vacorinho 9 Maio 2008 ás 10:11 #

    Pois sei pouco de Adele, tan só que é outro producto da Brit School of Performing Arts de Croydon (de onde saíron Amy Winehouse, Kate Nash, etc) e que se adica ao soul, pero só escoitei dela a canción que ti dis. De tódolos xeitos apuntoa como suxerencia para un próximo post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: