BRITISH SEA POWER: do you like rock music?

15 Mai

se desexas descargar o disco, preme na imaxe.

Desconcertado fiquei tras escoitar Do You Like Rock Music?, o terceiro traballo da banda de Brighton British Sea Power, publicado (como os dous anteriores) polo selo Rough Trade Records.

Se algún substantivo me suxeriu a súa escoita foi indefinición: no estilo, nas influenzas, na estrutura dos temas,…

E que conste que non o digo como mera crítica, pois iso pode ser a súa maior virtude ou o seu maior pecado.

Arrinca o disco con All in it, tema na máis pura frecuencia Arcade Fire; intúese unha certa converxencia co son da banda canadense en distintas partes do traballo, nas que aínda que poidan rabuñar a súa épica, nunca chegan a acadar o barroquismo nihilista que caracteriza aos de Montreal.

Logo vanse sucedendo os temas, e con eles viaxamos nunha espiral de lugares e datas, lembrándonos ás veces a Joy Division, por intres a The Smiths, de súpeto a Talking Heads, Flaming Lips, Interpol, Editors,…

Ao final quedas coa impresión de que foron beliscando aquí e acolá, vagando erráticos sen un rumbo definido ou unha meta á que chegar.

Por todo isto Do You Like Rock Music? soa manido e sobado, lonxe da máis mínima orixinalidade na súa proposta.

Pola contra podo dicir, na súa defensa, que o disco conta cunha grande perfección técnica e presenta algunha que outra paraxe de brillantes melodías; poucos méritos semellan estes. Dicir tamén que o problema da repetición das propostas preséntase na maioría das bandas actuais, que fan da monotonía a bandeira da escena rock contemporánea, onde semella que se perde máis tempo procurándolle distintas etiquetas ao mesmo produto que tentando crear algo novo.

Tan só nos queda agardar e ter esperanza.

Advertisements

Unha resposta to “BRITISH SEA POWER: do you like rock music?”

  1. forragaitas 16 Maio 2008 ás 14:45 #

    Moitas veces pénsase que cunha sólida produción se poden suplir as carencias creativas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: