ADELE: 19

22 Mai

preme na imaxe se queres baixalo

Nunha entrevista preguntáronlle a esta rapaza cal eran os seus artistas favoritos. Podería ter estudada a lección e, instruída polos asesores de imaxe da súa compañía, responder que desde meniña soñaba con acadar a elegancia vocal de Ella Fitzgerald, mesturada coa impactante interpretación de Aretha Franklin e coa rebeldía da proposta de Blossom Deary; pero non, “os meus dous grupos preferidos son as Spice Girls e as Destiny Child. Toma croio, ¡cun par!

Iso resume o que son, ao meu xuízo, as maiores virtudes de Adele: a candidez e a honestidade da súa proposta, que a manteñen lonxe dunha imaxe prefabricada, axudada nesa empresa por un físico confrontado cos arquetipos de beleza actuais.

Adele Adkins é unha cantautora nada en Londres hai 19 anos, idade que lle da título ao seu primeiro traballo. 19 está editado polo selo discográfico XL, que seguía as evolucións desta moza desde que estudaba na Brit School of Performing Arts of Croydon.

Da escoita de 19 despréndese a sensación de que foi un disco feito ás presas, quizais para aproveitar a onda boa creada polo mergullo á bomba nas augas do mainstream de xente como Amy Winehouse, Kate Nash ou Duffy.

O álbum recende por contados intres a soul e a jazz, pero a maioría dos temas son baladiñas de desamor autobiográficas inspiradas, segundo lin por aí, nunha traumática relación cun mozo bisexual. (Pobre…)

As cancións que máis me chegaron son as que presentan máis espidas e cunha maior carencia de adornos, en especial Daydream e Best for Last (que abren o disco). Estas poderían soar espectaculares cantadas por unha voz máis especial, xa que, aínda que a rapaza canta moi correctamente, fáltalle ese toque de maxia que teñen as grandes.

Pero agardemos, deixemos que a torta repouse e arrefríe, para que nos poida ofrecer un traballo feito con maior paciencia e afastado (tanto como lle sexa posíbel) das urxencias do mercado. Só entón poderemos xulgala correctamente.

Advertisements

2 Respostas to “ADELE: 19”

  1. forragaitas 22 Maio 2008 ás 09:02 #

    Aí está, é que só ten 19 anos. Ten tempo de sobra para escoitar música.

    Gracias polo post anterior. POr certo que o concerto cambia de lugar, e en vez de no Praia e na Velvet.

    Un saúdo!!

  2. vacorinho 22 Maio 2008 ás 09:28 #

    Grazas pola info, xa está correxido o post.
    Un saudo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: