MGMT: oracular spectacular

5 Xuñ

preme na imaxe para descarga o disco

MGMT (contracción de The Management) é un dúo procedente de Brooklyn formado por Ben Goldwasser e Andrew VanVyngarden. Coñecéronse na Universidade de Wesleyan (Conneticut), e foi alí onde gravaron un primeiro EP que contiña o seu grande éxito ata este intre Time to Pretend; este EP chegou ás mans do naquel entón directivo da Columbia, Steve Lillywhite (quen fora produtor de xente como U2 ou The Rolling Stones), que inmediatamente se puxo en contacto coa banda para chegar a un acordo para gravar catro discos, o primeiro dos cales é este Oracular Spectacular.

O traballo, producido por Dave Fridmann, bebe de diferentes e interesantes fontes, peneirando desde a psicodelia californiana dos 60 á música que nos 80 se facía no seu NYC natal.

Pero se falamos de influenzas deste dúo, que conta con afamados parentes e antepasados como Happy Mondays, The Flaming Lips ou Of Montreal, temos á forza que falar do seu pai: David Bowie, concretamente o do Ziggy Stardust, e se desexades lembraremos tamén aos seus irmáns bastardos, os Arcade Fire. Todos viven xuntiños na grande casa do glam e a psicodelia, onde MNGT ocupa polo intre unha habitación pequena.

Sei que ultimamente me queixo arreo da falta de compactidade na calidade dos traballos, e este Oracular Spectacular non é unha excepción; pero todo se lle perdoa pola presenza de dous temas que me prestan tanto que exercen o rol dos xustos precisos para salvar Sodoma e Gomorra. Trátase da xa mencionada Time to Pretend e de Kids, aptas ambas para gozalas co reprodutor a tope, tanto na casa como nalgunha disco-tasca perdida da man de deus.

Vexamos que vos parecen.

Advertisements

Unha resposta to “MGMT: oracular spectacular”

  1. vintxuca 6 Xuño 2008 ás 08:05 #

    Tiñas razón que me iban gustar, e admito tamén, que o tema volume é directamente proporcional á calidade. Canto mais alto mellor, non é para escoitar de relax, senon para bailar e despendolarse e mover as melenas e as perniñas….. sempre levei moi mal xuño, o cambio de estación, a presión do exame que me queda para rematar o master, o curro…. non mo teñades en conta, non adoito a usar palabros como despendole pero e que as veces fai falla sair de pestrucheo unha noite ata as mil, e mover o esqueleto que ente traballar(sentado), estudiar(sentado) e a nocilla de duas cores…..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: