MUSICARTE: cantautores

9 Xuñ

Envíame Miguel Alonso, cantautor e presidente da Asociación MusicARTE de Compostela, información sobre distintos temas que atanguen a dita asociación.

En primeiro lugar comunícame o enderezo do seu recentemente estreado blog, sito en http://asociacionmusicarte.blogspot.com, do que teremos unha ligazón permanente a partires de agora en MM.

Tamén aproveita para presentar o primeiro proxecto saído desta experiencia asociativa: MusicARTE Cantautores, un cd recompilatorio de música de autor novel de todo o estado, e que inclúe 10 temas dos cantautores Jorge Castro, Jose Goterris, Luís Ruiz, Carlos Siles e o propio Miguel Alonso.

Este traballo sae por fin á luz despois de non poucas vicisitudes, grazas fundamentalmente á teima destes rapaces en sacalo adiante. Poderédelo gozar de xeito gratuíto baixándoo nun arquivo zip ao premerdes a imaxe da parte superior do post. Aínda que a descarga é de balde, a asociación recebe unha porcentaxe dos ingresos por publicidade desta páxina, así que non sexades langráns e animádevos, que merece a pena.

Advertisements

Unha resposta to “MUSICARTE: cantautores”

  1. mola 10 Xuño 2008 ás 09:34 #

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: