PROJECTO MOURENTE: kara.o.ke

12 Xuñ

preme enriba para descargar kara.o.ke

Enviáronnos desde a plataforma A Regueifa información sobre o novo disco de Projecto Mourente, Kara.o.ke., que paso a compartir con todos vos a continuación. Podedes descargalo de balde premendo na imaxe de arriba.


Kara.o.ke
componse de quince novos temas de techno-pop en galego nos que Carlos Valcárcel amosa de novo a súa paixón polas melodías pop e a pista baile, apropiándose da herdanza de clásicos coma New Order, Erasure, Pet Shop Boys ou Depeche Mode para encher ese necesario espazo na escena galega.

Editado baixo licenza copyleft  tanto en mp3 como en CD por A Regueifa Discos, o disco contén once temas novos, unha versión do Non podo máis de The Homens e tres remesturas a cargo de Fanny + Alexander, Colectivo Oruga e Cable. Cunha actuación no Festival Artenativa de Valga arrincará este mes de agosto unha serie de concertos de presentación de Kara.o.ke, xa en formato cuarteto tras a incorporación de guitarra e baixo ao seu set ao vivo. Tamén ven de estrear o primeiro videoclip deste novo álbum, do tema Os piores inimigos:


Tras o verán o selo A Regueifa Discos continuará a súa andaina no apoio do indie cantado en galego coa edición dos novos discos de Noise Project (post-rock dende Valga) e Colectivo Oruga (indietronica dende Ponteareas), que se sumarán a un catálogo ao que xa pertencen os recentes discos de Fanny+Alexander (Finais dos 70s, comezos dos 80s, 2007) e Ataque Escampe (Galicia es una mierda, 2008).

 

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: