con V de Valarés

16 Xuñ

preme na imaxe para acceder á web do festival

Este vindeiro sábado 21 de xuño celebrarase na praia de Valarés (Ponteceso) a xa quinta edición do festival Con V de Valarés. Este festival foi argallado por un grupo de amigos como unha alternativa á masificación ás festas da zona, ofrecendo outra posibilidade á mocidade da vila de Ponteceso e arredores para a noite de San Xoán. A iniciativa foi medrando cos anos en asistencia, actividades e organización, establecéndose así como unha data imprescindíbel no panorama musical do país.
A parte reivindicativa desta xuntanza ven dada pola reclamación do auténtico topónimo desta praia pontecesá, Valarés con V, como avala un artigo do especialista Fernando Cabeza Quiles.
O cartaz deste ano está conformado polas seguintes bandas:
Niños Mutantes: estes granadinos son xa unha referencia dentro do power-pop do estado; presentan novo disco, Todo es el Momento, logo do seu gorentoso álbum de versións.
Woocake: banda galega de pop-rock resultado dunha variada amalgama de influencias (sons dos 60, punk, new wave,…).
MEU: estes coruñeses contan como vocalista con Nacho Mora, todo un ex da Elephant Band. O vindeiro 11 de outubro ponse á venda o seu novo traballo, Did You Hear? (Rock On!).
Sac Noir: Cosmopolita grupo de jazz que incorpora no seu repertorio distintos tipos de música, como a Claismer xudía, a musette francesa ou a música folclórica (galega incluída).
– Pecharan o evento DJ The Cricket e Mahoney VJ.

Advertisements

Unha resposta to “con V de Valarés”

  1. vintxuca 17 Xuño 2008 ás 10:25 #

    Gustaríame bastante mais que o de santiago. Vacorinho unha por outra eu vou contigo a ver a “cortate las venas” ti volves conmigo a ver a la Bersuit na sala capitol en xullo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: