DIADERMIN

19 Xuñ

preme na imaxe para voar ao myspace de Diadermine

Esta semana estiven atrapado polos sons dunha parella, procedente de Boiro unha metade e de Rianxo a outra. Os seus nomes son Alberto e María, pero en conxunto forman un dos dúos de super-heroes máis perigosos dos moitos que actúan por estes lares: Diadermin, os nosos particulares Yo la Tengo, Stereo Total ou The Kills.
O ano pasado publicaron unha maqueta chamada Ostras Carnicero, onde ofreceron todo un catálogo de improvisación electrónica, experiencias Lo-Fi e fachenda punk.
Diadermin empregan nas súas aventuras guitarras de segunda man (das baratas), casiotones de xoguete e unha roland doada de transportar.
Ao igual que o Equipo A sobreviven como soldados de fortuna, así que se queredes contratalos podedes facelo en filtroyo@yahoo.es
Pasade polo seu myspace para comprobardes do que son quen estes rapaces. Eu ultimamente non saio de alí.

Advertisements

Unha resposta to “DIADERMIN”

  1. vintxuca 25 Xuño 2008 ás 15:28 #

    Cambia o post, vaguete!!! que xa non teño que leer polas mañás co café.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: