CULTURA QUENTE: resumo

14 Xul

Café Tacuba en directo e Xoel López (de Deluxe) cun curmán de Ameneiro

Déixovos aquí algunhas ideas/reflexións/comentarios sobre o vivido o pasado sábado 12 de xullo no festival Cultura Quente de Caldas de Reis:

A carballeira onde se celebra o festival semella ser tido feita adrede para o mesmo, por situación, espazo e beleza.

Se a organización deixase pasar alcohol evitaríase que a xente tivese que guindalo desde o muro de enriba, co conseguinte perigo para persoas e botellas.

Exceptuando este pequeno detalle (a xeito de brincadeira), a organización un dez.

Foi unha magoa que non puidésemos ver a Vive la Fête, por problemas de saúde nun dos seus membros.

Foi tamén unha magoa que perdese os concerto de Pacífico e Niño y Pistola, por ficar fora do recinto facendo o trosma.

Koacha tocan ben, dominan o escenario, soan de pinga, pero o resultado resulta manido; ¿non hai demasiadas bandas facendo o mesmo que Artic Monkeys ou/e Franz Ferdinand?

The Sunday Drivers non me gustaban antes e, logo de escoitalos, seguen sen gustarme, aínda que teñen algún retrouso ben pegañento de cando en vez.

O concerto de Café Tacuba pódese resumir en dúas palabras: ¡Vaia Cracks! ¿hai algún pau que non toquen estes homes? quizais o concerto máis divertido da noite.

Vetusta Morla foi quizais a banda que máis expectación tiña espertado por mor do seu magnífico disco de debut. Sobre o escenario fáltanlles aínda táboas e desprenderse dalgún que outro corsé que os abafa.

A última vez que vira a Deluxe (no día da música de Compostela) non fixeran o seu mellor concerto, debido quizais ao pouco tempo, a mala acústica do Multiusos do Sar e aos trocos na formación da banda, con dous músicos menos. Pois ben, en Caldas superaron todos eses lastres e ofreceron un directo impecábel. Grande a colaboración de Budiño en tres temas.


Advertisements

6 Respostas to “CULTURA QUENTE: resumo”

  1. Xoan 15 Xullo 2008 ás 12:42 #

    Pero tio de que vas, parecen os comentarios dunha persona que nos estuvo ali. Sunday Drivers awesome!! Vetusta Morla incredible!! Cafe Takuba!! la mejor puesta en escena, pero se noto algun que otro play-back. Deluxe, lo hizo muy bien pero tocando despues de Vetusta Morla y the Sunday Drivers, parecia inferior a estos dos mounstros. Mi pandilla hemos ido a ver casi exclusivamente a los Godfathers, y que sorpresa nos llevamos con the poprock bands! Uno de los mejores festivales de mi vida musicalmente hablando, en serio, y he visto unos cuantos.

    Felicidades, y ojala sigais muchos anhos. No desaparezcais, como Palas, Cedeira, Mougas. Por Favor!!

  2. vacorinho 15 Xullo 2008 ás 12:59 #

    Para gustos se pintan cores. En ningún intre dixen que The Sunday Drivers non estiveran ben, pero a min non me gustan salvo en moi contados detalles.
    Vetusta Morla estivo ben, pero… agardaba un pouco máis no directo, ao mellor con iso de reflexar no disco (enorme o disco, por certo) o son do directo, este tórnase un pouco predecíbel. Tamén é curioso a capacidade que temos (eu tamén me inclúo) en crear “monstros musicais” dun día para outro.
    ¿E o directo de Deluxe paréceche inferior ao de Sunday Drivers e VM? moi discutíbel, sobre todo tendo en conta a reacción do público nuns e noutros.
    Coincido plenamente no nivel musical do festival, e envéxote por non poder ter ido o venres.
    Grazas pola visita e o comentario.
    Un saudo

  3. vintxuca 17 Xullo 2008 ás 09:11 #

    Deluxe CANCAMUSEROOOOO calquera é mellor ca ti!!!!!!!!!!!!

  4. viva la cancamusa 18 Xullo 2008 ás 10:27 #

    en referencia al comentario de Xoan y citando al gran Coronilla – A lo mejor lo que pasa es que no tienes ni PUTA idea!!
    Vacorinho GRANDEEEE!!!
    LOVE Xoel

  5. vacorinho 21 Xullo 2008 ás 09:07 #

    O venres estiven en Noia con “A Mear al Backstage” (enorme dúo); Vetusta estivo incríbel, Deluxe peor que en Caldas (en tódolos sentidos, jeje)

  6. Xoan 21 Xullo 2008 ás 18:25 #

    Hola Vacorinho,

    Xa cho dixera sobre Vetusta Morla, e dificil que un grupo che sorprenda a primeira vez se escoitan, e a min fixeronno. Eu estiven tamen en Noia pero so o sabado, na minha opinion pareceume que houbo un solo grupo e moi destacado sobre dos outros, coma non, Juliette Lewis, awesome!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: