FESTIVAL MAR DE FONDO (Noia)

17 Xul

Esta vindeira fin de semana, en concreto o venres 18 e o sábado 19 de xullo, celebrarase en Noia o festival Mar de Fondo. O recinto elixido para o evento é o patio do Instituto Campo de San Alberto.

O venres abrirán o festival Iván Ferreiro, inmerso en plena xira de presentación do seu último traballo Mentiroso, Mentiroso ; Deluxe, a banda do coruñés Xoel López que tamén presenta disco, neste caso Reconstrucción ; Vetusta Morla, desde Tres Cantos (Madrid), que tocarán os temas do que polo intre é o seu único álbum Un Día en el Mundo; e Colectivo Oruga, desde Ponteareas.

O segundo día a organización conformou un cartaz máis internacional, coa actuación dos norteamericanos Juliette and The Licks e Felix Da Housecat, os portugueses The Gift e os vigueses High Sierras, que asumirán a representación local nesta xornada de peche.

A organización anunciou que non haberá venda anticipada de entradas, polo que as localidades só se poderán adquirir nos despachos de billetes o mesmo día do concerto, a un prezo de 20 € (para un día) ou de 28 € (para os dous días). A organización habilitou unha zona de acampada de balde.

Advertisements

Unha resposta to “FESTIVAL MAR DE FONDO (Noia)”

  1. vintxu 17 Xullo 2008 ás 09:08 #

    Nin de balde nin que me paguen, feliz, feliz serei na medieval de corcubión, lonxe da inmundicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: