COLDPLAY: viva la vida or death and all his friends

21 Xul

preme na imaxe para descargalo

Xa hai unhas datas que pulula polas rúas o novo traballo de Coldplay, e difícil é non terse decatado ante o asoballador aparato de marketing que acompañou o lanzamento. A semana pasada estiven de paseo pola FNAC da Coruña, e no apartado de DVD´s musicais tiñan unha enorme pantalla na que se repetía vez o vídeo de Violet Hill nun bucle interminábel co volume a todo rinchar.

A portada de Viva la Vida (como podedes observar) é a pintura de Eugéne DelacroixA Liberdade guiando ao Pobo”, coa lenda Viva la Vida en pintura branca como homenaxe a Frida Khalo, quen escribira esta frase nun dos seus cadros.

Coldplay afrontou a confección deste novo traballo coa idea fixa de que significase unha evolución da súa carreira, e sobre o resultado da mesma estase a discutir arreo en diversos foros.

A intencionalidade nese eido queda patente coa elección de Brian Eno para a produción. Este home foi o encargado no seu intre de proxectar a carreira de U2 cando os teatros e clubs comezaban a ficar pequenos, e adaptar o seu son para encher grandes recintos. Troca a década, trocan os nomes, pero a fórmula repítese.

A miña opinión (humilde, intransferíbel e sempre aloumiñando a ignorancia máis supina) é que a suposta evolución limítase a tres aspectos fundamentais; a saber:

– Pulido e refinado dos xiros tráxicos na voz de Chris Martin, quen abusa moito menos do seu característico falsete; agora podémonos tamén preguntar se isto é malo ou bo, porque se ben é verdade que a moita xente lle crispaba os nervios, tamén era un dos sinais de identidade da banda.

– Maior protagonismo da guitarra de Buckland, converténdose esta na pedra angular do novo son de Coldplay (se é que ao final este novo son existe); nisto si que se nota a alquimia de Eno, ata o punto de que Lovers in Japan/Reign of Love semella unha canción de U2.

– Un menor apoio nos retrousos, repartindo así a responsabilidade de que unha canción funcione a tódalas súas partes.

¿que penso eu?: que moita evolución, novo son, madurez da banda, etcétera, etcétera, etcétera; pero a min o disco déixame totalmente frío e lonxe de calquera emoción, xa que por provocar, só provoca indiferencia. Ao mellor debería escoitalo máis e collerlle mellor o punto, pero anda que non hai música…

Advertisements

Unha resposta to “COLDPLAY: viva la vida or death and all his friends”

  1. vintxuca 21 Xullo 2008 ás 12:20 #

    Que estrano título sendo o disco de Coldplay, máis que nada, polo autodepresiva que é a sua música normalmente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: