FESTIVAL SEREAS E PIRATAS

23 Xul

Data: 26 de Xullo

Lugar: Praia de Razo (Carballo)

Ben, xa o sabedes, a festa non remata e aínda estamos a comezar o verán. Anímovos a pasarvos polo Razo e asistires á cita máis bizarra da oferta estival galega. Deixo algún dato das bandas convocadas fusilada de Sono-Tone (que non tiña moitas gañas de traballar).

Schizophrenic Hosewives: Son de O Grove e recentemente sacaron o seu primeiro vinilo para a discográfica madrileña Hillsider Strangler. Entre os seus membros hai xente que tocou en The Phantom Keys ou o xa grupo de culto Lentejas Los Miércoles, e entre as súas influencias destacan grupos como Devo. Os seus directos están cheos de enerxía.
Los Santos: O seminario de Sada deulles permiso para tocar ese día. Los Santos son un grupo chave do punk rock galego, e os seus directos onde non faltan espidos e vestimenta feminina, son uns dos máis espectaculares que se poden atopar. Se che molan os Ramones non podes deixar de velos.
Jiménez Los santos: Desde Milladoiro, un dos grandes gurús da música en Galiza, o señor Rafa Anido (Iribarnes, Jiménez Los Santos, Taxi Driver) ponse agora detrás da batería nesta nova e fresca proposta. Tamén hai que destacar a presenza de Cris, compañeira súa en anteriores proxectos e unha das 3 mulleres que tocarán no festival.
Telephones Rouges: Temos que falar de Can ou Suicide para entender o ruidismo deste grupo tamén de O Grove. Directos escuros acompañados de videoproxeccións para un grupo que ben podería ser de Berlín. Os teléfonos vermellos son unha das bandas máis novas do cartel. For noise´s sake xa editou un dos seus traballos.
Novidades Carminha: Outros dos máis novos, pero tamén dos máis punkis, salvaxes e politicamente incorrectos. Este verán tocarán bastante por Galiza, pero sen dúbida esta será unha das mellores oportunidades para velos, logo dunha boa churrascada e un bañiño na praia. Acaban de editar o seu novo traballo só en cinta.
Franc3s: Un dos grupos de máis éxito actualmente en Galiza. Con maioría de mulleres, quedaron 5ª no Proxecto Demo 2008 e a crítica estatal (Rockdelux, Radio 3…) tenos aclamado como unha das grandes revelacións deste ano. A penas levan un ano e medio tocando e xa foron teloneiros de Triángulo de Amor Bizarro ou tocado en sitios como o M.A.R.C.O. de Vigo. Son de Carballo.
Rasca e Pica dj´s: Tamén hai que destacar a presenza nos pratos desta bizarra parella formada por Rocío e Blas (membro fundador de Triángulo de Amor Bizarro).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: