PARKA: attack of the hundred yard hardman

29 Xul

fai dobre click na portada para baixar o álbum

Atopeime con este traballo case por casualidade, e a verdade é que che me presta ben.

Parka é un quinteto procedente de Glasgow, cidade de onde tantas e tan boas bandas teñen saído. Isto xa podería constituír un bo aval de partida, pero se a iso lle engadimos a produción de Stephen Hague, habitual de xente como Depeche Mode ou Belle & Sebastian, a cousa aínda promete máis.

A banda, encabezada por un rapaz na tenra idade de 23 anos de nome Matt Thomson, sacou este Attack of the Hundred Yard Hardman logo de ter movido un par de EP´s. O seu son, auto-definido como poptrónica, áchase na corda do NuRave, pero a incursión dun saxo nas súas composicións fainos ollar, aínda que moi de esguello, ao ska.

Divertido e intenso, Attack of the Hundred Yard Hardman conta con algunhas piluliñas hipervitaminadas como Mr. Optimistic, Disco Dancer ou If You Wanna, que arrecenden a club, suor e cervexa no chan.

Pode que Parka siga a progresar en futuros traballos, ou pode que non volvamos saber dela. O tempo o dirá. Polo intre escoitade isto, que carga as pilas.

Advertisements

Unha resposta to “PARKA: attack of the hundred yard hardman”

  1. vintxuca 29 Xullo 2008 ás 12:42 #

    holaaa, paso a saudar. chaus!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: