A MEAR AL BACKSTAGE informa

4 Ago

Autorizadas por Vacorinho como reporteiras de guerra, ao grito de que viva o jalullo!!! informamos das nosas ultimas aventuras musicais:

O dia previo ao Apostolo viaxamos ao Festigal a ver que se cocía por alá e o unico que se coceu foi o noso fígado. Debemos sinalar nembargangsters que alucinamos coa actuación dos Caravan Palace e o seu gipsy swing mesturado con electro-jazz. Deleznable Lamatumbá que fixo que se nos pasara o subidón e nos mandou para casa, sen animo para ver ao suecos que sonaban de puta nai dende a ventá do noso cuarto (onde estabamos a durmir a moña de todas as cervexas que tivemos que beber para entreternos entre tanto licor do negro café)

Sabado 26. Requetekian. Festival alternativo e selectísimo con lista de entrada. Recomendación para todos os que teñades a sorte de receber a invitación. Impresionante a versión de Hociquito de Ratón.

Vai de Camiño, Ourense: El Odio y los Seres Queridos parecía que foran de camping e non tiveran sitio para levar os instrumentos. Tan desolador como un Lidl, deron paso ao mellor directo de Espanha: Falamos de Deluxe, ou o que é o mesmo o teloneiro de A mear al Backstage. Sonido infame e imperdoable que non tocaran Extraña Habitación. A actuación de AMAB foi insuperábel versionando a todo o que se podía. Neste caso contamos co apoio do Forno Quente (unha especialista na segunda voz ata que comezou a facer eses). Tal foi a emoción do evento que unha das compoñentes de AMAB lesionouse lixeiramente o que non lle impediu seguir a xira programada, iso si, con muleta.

Paredes de Coura: dos concertos do venres informaravos vacorinho ainda que precisamos The Sound son miserables. O sabado IMPRESIONANTE (fodase vacorinho). The Mars Volta non pararon de meterlle caña e comprendimos por que o batería tiña os biceps que tiña. entre grititos de inspitración ledzeppeleniana jalullo do que nos gusta. O mellor estaba por vir e facendo honra ao nome que ostentan chegou DEUS. Grandes, impresionantes, que caña…. recheade o espazo en branco cos adxetivos que queirades. o unico bis do festival e ganas de saltar ainda con muletas (o esguince converteuse en grado 10).

Saudos dende a xira festivaleira, seguiremos informando.

AMAB

Advertisements

Unha resposta to “A MEAR AL BACKSTAGE informa”

  1. vacorinho 11 Agosto 2008 ás 12:43 #

    Aclaro que The Sounds non son miserabeis; pode que a loira non sexa Maria Callas, pero foi un concerto “mazo de díver”. Preguntádelle a Willy se non…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: