PAUL WELLER: 22 dreams

11 Ago

preme na imaxe para descargar o álbum

A marcha atrás non é unha opción, só vale ollar cara adiante. Somos mods, ¿enténdelo? Eu tómoo en serio.

Esta foi a resposta dada por Paul Weller no número de xuño da revista Mojo cando lle preguntaron sobre unha posíbel nova xuntanza de The Jam, e esta frase resume o seu xeito de ver/enfocar a música.

O que fora carismático líder dos xa citados The Jam e The Style Council áchase, co medio século cumprido, nun intre no que non precisa dar contas a ninguén. Estamos a falar dun deses personaxes diante dos cales hai que erguerse, unha figura reverenciada por varias xeracións e que se reinventou a si mesmo unha e cen veces; un artista que decidiu disolver The Jam no seu máis alto cumio de éxito, tras facer fronte ao final dos setenta con música ao baleiro parafernal estético do punk.

No 2005 publicou As is Now, unha prolongación do seu traballo anterior afastada de toda nostalxia e choromiquismo, e o pasado xuño rachou estes tres anos de silencio con 22 Dreams, o seu noveno disco en solitario.

Quería un álbum con principio, medio e final. Está deseñado para ser escoitado dunha atacada. Do mesmo xeito que Pet Sounds ou Sgt. Pepper.

22 Dreams foi gravado durante un ano enteiro nos Black Barn Studios de Surrey (da súa propiedade) e producido polo propio Weller, Simon Dine e Steve Craddok (guitarrista dos Ocean Colour Scene). Colaboraron no disco, entre outros, Noel Gallagher e Gem Archer de Oasis (en Echoes Round the Sun), Little Barry (en 22 Dreams), o guitarrista folk John McCusker (en Light Night) ou o ex-compoñente de Blur Graham Coxon (en Black Rive).

O disco editouse en vinilo e CD. A edición de vinilo é dobre, incluíndo as 21 cancións. O CD dispón tamén dunha edición dobre deluxe cun libreto de 32 páxinas, onde se inclúe un conto inédito de Simon Armitage inspirado no disco. O segundo CD incorpora 8 temas adicionais: 3 maquetas, 2 versións distintas e 3 inéditos, entre eles, Big Brass Buttons, un instrumental con Primal Scream.

O resultado é unha infinita espiral luminosa que te arrastra cara o seu centro, unha colosal exhibición de músculo creativo dividido nos 22 temas, unha colleita abondosa dos estilos sementados por Weller ao longo da súa carreira (rock, soul, jazz, psicodelia, blues,…).

En resumo, un desvarío pop que colapsa nun dos mellores discos publicados recentemente. Por algo é un disco do Modfather.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: