THE FRATELLIS: here we stand

18 Ago

preme na portada se desexas baixar o disco

Leña afeito lle deron a Here We Stand, segundo traballo de The Fratellis saído á venda o pasado xuño; que alguén mo explique. A principal crítica aos de Glasgow (outra banda máis desa cidade) foi que era un álbum demasiado continuísta respecto do feito no primeiro (Costello Music) e que, en consecuencia, a banda perdera parte da súa frescura primixenia. ¡Manda carallo! Hai quen leva facendo o mesmo disco desde hai vinte anos e están considerados deuses da música, e estes rapaces teñen que trocar completamente o seu rumbo no segundo LP. Unha brincadeira, principalmente porque debemos lembrar que a liberdade creativa das bandas remata onde comeza na conta bancaria da súa compañía, e esta non se vai arriscar vendo os xenerosos resultados do primeiro disco a que a banda cree un disco conceptual, ou algo así.

Dito isto, confirmar que o álbum pareceume un pouco plano, como xa mo parecera o anterior. Gozo moito dando brincos con Chelsea Dagger en garitos e disco-tascas, pero escoitar enteiros os discos suponme un traballo demasiado tedioso.

A liña que se prolonga ata Here We Stand desde Costello Music podería estar representada por cortes como My Friend John, Baby Doll ou Lupe Brown, tróspiros todos de bo pop-punk cheos de enerxía.

Máis novo, pode que pola incorporación do piano, resulta o son de Milk and Money e A Heady Tale, esta última a mellor canción do disco segundo o meu pobre criterio.

Lamentábel foi, con todo, a elección de Mistress Mabel como primeiro sinxelo do disco, sendo este un dos temas temas máis frouxos e previsíbeis do álbum.

En resumo, The Fratellis insisten con riffs e coros pegañentos seguindo a mesma fórmula na procura de conseguir o éxito incial. Lóxico e normal, ¿ou non?

Advertisements

Unha resposta to “THE FRATELLIS: here we stand”

  1. vacorinho 26 Agosto 2008 ás 08:37 #

    xa está amañado o link da descarga, a ver ata cando.
    Saudos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: