PARROCKCHEIRA

21 Ago

O sábado 12 de setembro, na Praza Vella de Ferrol Vello e a partires das 22 horas, terá lugar a Parrockcheira, que contará coa presenza de tres bandas compostelás:

· Os Royalties: trío xurdido das cinzas de bandas como Redullos, As Fulanas ou Capellán Tabernícola; Dani, Soni e Miguel prometen riffs infernais e labazadas sonoras con influencias do rock and roll británico e escandinavo.

· Samesugas: Joaquín á guitarra e voz, Alberte ao baixo, Álex á guitarra e Ramón na batería compoñen Samesugas, banda formada en 1999 a partires de grupos como Dirty Barriguitas e Fame Neghra. Fan un rock and roll de pouso garaxeiro que bascula nas súas letras entre o galego e o inglés. Participaron no 2002 nun disco tributo a Turbonegro, para o que gravaron unha versión en galego do tema I Fucked Betty Page.

· The Homens: xa no seu día faláramos no MM do seu primeiro LP Tres, no que Roi, Xocas e Martin Wu nos ofrecían o seu power-pop sen complexos cheo de letras áxiles e intelixentes. Agora tódolos habitantes de Ferrolterra poderán gozar do seu enorme directo.

Advertisements

2 Respostas to “PARROCKCHEIRA”

  1. Forragaitas 25 Agosto 2008 ás 22:03 #

    A ver se retomo o blog, que ulyimamente non teño tempoe a nada. Un saúdo!!

  2. vintxuca 27 Agosto 2008 ás 16:27 #

    mirameeeee QUERO SER UN CALAMAAAAR!!!!!
    eso , eso forragaitas retoma o blog xa. Canto tempo sen pasar por malasmusicas (agora falo de min). Bikos a todos y viva Sabela y su pie!!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: