DEATH CAB FOR CUTIE: narrow stairs

26 Ago

preme na imaxe para baixar Narrow Stairs

Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade.

Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo.

Chegamos entón á primeira parte seria do noso descenso músico-fluvial, I Will Possess Your Heart, un tebroso tema de oito minutos e medio, armada cunha intro de máis de catro creada a partir tan só dun baixo e un piano. A súa elección como primeiro sinxelo amosa atrevemento e o consentida que Atlantic Records ten a esta banda.

Para repoñernos de tanta intensidade percorremos agora un tramo máis luminoso, No Sunlight (paradoxal título), de menos de tres minutos.

Cath fainos retroceder aos comezos da banda e iso, aínda que un goste da evolución de Death Cab For Cutie, agradécese de cando en vez.

Logo chegan de novo turbulencias, desta quenda remuíños radiohedianos que axitan a canoa en Talking Bird, escura e triste.

Pero chega de novo o remanso, cheo de toda a ledicia e saudade sixtie que colle en You Can Do Better Than Me (But I Can’t Do Better Than You), cun cheiro lene a Beach Boys, The Byrds ou os mesmos Beatles que se prolonga naturalmente en Grapevine Fires, unha pequena brincadeira de espectaculares coros facturada sen artificios, pero cunha sólida brillantez. O mesmo sucede en Your New Twin Sized Bed, cuxa sinxeleza e efectismo poderían levala ao single.

Cun retrouso potente e contida xenreira pop Long Division ofrécenos o mesmo efectismo que a súa predecesora; así, sen previo aviso, penetramos nuns meandros sinuosos de areosas beiras con Pity and Fear, que cos seus ritmos hindús e árabes descoloca un pouco aos navegantes.

De súpeto, desgraciadamente, remata a nosa viaxe cando nos introducimos no amplo esteiro de augas calmas que é The Ice is Getting Thinner, que cun adormentador balanceo de guitarra acústica e voz nos achega ata o mar.

Teño gañas de repetir en breve este paseo por Narrow Stairs, sen dúbida un dos mellores ríos da conca de Death Cab For Cutie, e xusto cando estou a deleitarme coa súa lembranza recupero o sentido logo do impacto.

Advertisements

3 Respostas to “DEATH CAB FOR CUTIE: narrow stairs”

  1. AMAB 28 Agosto 2008 ás 12:00 #

    este link non vai vacorusco

  2. vacorinho 29 Agosto 2008 ás 06:48 #

    tentao agora a ver se vai

  3. AMAB 31 Agosto 2008 ás 17:09 #

    ok, thank u!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: