XIRIAPOP

15 Set

Xa quenta motores o festival Xiria Pop deste ano 2008, que terá lugar como sempre en Carballo, concretamente na cervexaría Dublín (R/Fomento, nº25) os días venres 19 e sábado 20 de setembro; existe a posibilidade de mercar un billete diario a un prezo de 10 €, ou adquirir un abono para os dous días a 15 €.

O día 19 abriranse as portas do festival ás 22:00 horas co directos de Ben Vaughn, un compositor, produtor e artista discográfico norteamericano responsábel, entre outras cousas, do primeiro álbum gravado enteiramente no interior dun coche. A continuación será a quenda no escenario do Xiria Pop das bandas Ross, Bubblegum e Quant.

Para o día 20 estaba previsto nun principio o prato forte do evento, consistente na actuación de The Zombies, pero esta tivo que suspenderse por problemas persoais do seu líder Colin Blunstone. En breve a organización anunciará o nome da banda que os vai sustituir.

Ese mesmo sábado, tamén a partires das dez da noite, tódolos presentes na sala da capital bergantiñá poderán gozar dos concertos dos británicos Ducks Deluxe (no que é a única oportunidade que teremos de poder velos en directo no estado español), The Meows, The Cheeks e The Loveless Cousins. Unha oferta variada e gorentosa, excusa dabondo para pasarnos por Carballo esta fin de semana.

Advertisements

2 Respostas to “XIRIAPOP”

  1. vintxuca 15 Setembro 2008 ás 07:40 #

    Que chulo o cartel.

  2. Sabe 15 Setembro 2008 ás 10:24 #

    ezzssh una fieshhzzzta!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: