THE KILLERS en barcelona

4 Nov

the-killers21

O día 5 de novembro de 2008 sairán á venda os billetes para o concerto que The Killers ofrecerán en Barcelona. A data sinalada en vermello polos seareiros do cuarteto de Las Vegas é o sábado 21 de marzo de 2009, cando se personarán na sala Razzmatazz da cidade condal.

É, polo intre, o único concerto confirmado do que teño novas no estado español.

Os billetes poderanse adquirir a través de das canles habituais (Servicaixa, Ticktackticket, El Corte Inglés,…) cun prezo de 39 €.

A actuación de The Killers estará incluída na xira de presentación do que será o seu terceiro álbum de estudio (Sawdust é un recompilatorio) que verá a luz o vindeiro 25 de novembro co nome de Day&Age. Será, segundo explica o seu vocalista Brandon Flowers, o seu traballo máis pop e máis experimental; este extremo é confirmado polo seu primeiro sinxelo, Human, que pode dar unha idea de por onde irán os tiros deste disco gravado a cabalo entre Londres e Las Vegas, e que conta coa produción do omnipresente Stuart Price. Deíxovos abaixo o adianto do tracklist.

Day & Age:

Losing Touch

Human

Spaceman

Joy Ride

A Dustland Fairytale

This Is Your Life

I Can’t Stay

Neon Tiger

The World We Live In

Goodnight, Travel Well

OLLO,  data no cartaz ven mal: como se di arriba é o 21 de marzo, pero sábado non martes.

Advertisements

3 Respostas to “THE KILLERS en barcelona”

  1. Sabe 4 Novembro 2008 ás 13:57 #

    o tres de febreiro estan en sheffield por si vos interesa vir por esas datas
    maldita sea!! voy a tener que prostituirme>
    talueguer

  2. vintxu 5 Novembro 2008 ás 16:18 #

    oleeeeeeeeeeeeeeeee a las Barcelonas nos vamos, podemos facer María e Antía Barcelona (o digo porque somos as duas únicas rapazas) pero quen será María ELena???

  3. vacorinho 5 Novembro 2008 ás 16:40 #

    miña nai

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: