THE LITTLE ONES: morning tide

6 Nov

morning tide

preme na imaxe para escoitar o álbum

Pop, sinxelamente pop, é o que fabrica este quinteto procedente de Los Angeles, unha música preñada de inocencia sublimada e ledicia contaxiosa.

The Little Ones publicou no pasado ano 2007 o seu primeiro EP, Sing Song, unha efectista e clarificadora presentación ao mundo coa que gañaron a súas primeiras loanzas e, como non, a sempre odiosa lista de comparacións/influenzas/fontes. Por veciñanza e común luminosidade en melodías e coros o primeiro nome pronunciado foi The Beach Boys, pero tamén desfilaron por esa pasarela outros clásicos como The Zombies ou The Kinks, acompañados doutros nomes contemporáneos como The Shins.

En Abril de 2008 publicaron o seu segundo EP, Terry Tales and Fallen Gates, seis cancións que resultaron insuficientes ao xa nutrido grupo de seareiros que a música de The Little Ones xa creara.

Pero, ¡sorpresa!, apenas uns meses máis tarde sacan Morning Tide (Heavenly Recordings, 2008), unha continuación en longa duración do amosado nos seus EP´s, 41 minutos de puro indie-pop amábel e con poucos adornos.

Ordinary Song é o corte elixido como primeiro sinxelo, ao que seguiría despois Morning Tide; resúltame a xeito persoal chocante a presente exclusión na lista de sinxelos de Rise and Shine, para o meu gusto o mellor tema do álbum.

O dito, pop sinxelo pero con maiúsculas, ledo pero non parvo, soleado pero sen perigo de cancro de pel nos oídos. Que o gocedes.

 

Tracklist:

Morning Tide

Ordinary Song

Boracay

All Your Modern Boxes

Tangerine Visions

Gregory’s Chant

Everybody’s Up to Something

Waltz

Rise & Shine

Like a Spoke on a Wheel

Farm Song

Advertisements

2 Respostas to “THE LITTLE ONES: morning tide”

  1. vintxu 7 Novembro 2008 ás 10:15 #

    Non podo escoitalo, non me deixa. What a pitty!!!! bueno noutro momentiño. Necesito novas malas músicas, estou un pouco raiada e eso que ultimamente “love of lesbian” tíñame distraida.

  2. forragaitas 7 Novembro 2008 ás 17:17 #

    Interesante mestura, poden estar moi ben.

    Ando por aquí de novo.

    Un saúdo!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: