THE BELLRAYS: hard, sweet and sticky

8 Nov

The Bellrays

preme na imaxe se desexas escoitar o disco

Baixo a proclama Blues is the teacher, punk is the preacher The Bellrays foron creando un universo denso onde desenrolar un son auto-definido como “duro, doce e pegañento”.

A banda trata de atopar de novo o seu camiño tras a marcha do guitarrista titular, Tony Fate, o ingrediente máis punk deste guiso. Isto nótase especialmente no descenso da velocidade e xenreira dos temas respecto aos seus iniciais traballos, cunha maior basculación cara o soul e o blues. Pero unha cousa mantense, o virtuosismo da súa vocalista Lisa Kekaula, todo un prodixio capaz de soar lene coma a gamuza e, nun intre, áspera coma a lixa, a xogar cun baixo omnipresente en toda a carreira de The Bellrays.

Hard, Sweet and Sticky é xa o oitavo traballo dos californianos. Once temas envoltos cunha coidada presentación estética retro-setenteira.

The Same Way abre o traballo coa súa mestura de sensualidade soul e pretendida profundidade. Un tema abondo convencional se a intención é sorprender no inicio.

Pero a continuación pegan con One Big Party unha puñada na mesa, ofrecendo probabelmente o mellor tema do disco.

Infection é outra descarga de rhythm and blues chea de acidez e distorsión, cuns riffs moi poderosos que se prolongan en Coming Down.

Con Footprints on Water os nosos pes retroceden ata sons Motown, mentres que Blue Againts the Sky é un tema máis morno e prescindíbel.

Aparece entón unha verdadeira lembranza do que The Bellrays foi nos seus inicios na forma de Psychotic Hate Man, único corte do álbum onde amosan realmente as súas agochadas gadoupas.

A frouxa The Fire Next Time sérvenos de hipnótico corredor para achegarnos ata That´s Not The Way It Should Be, con máis potencia e pulidas arestas punk.

Wedding Bells resulta longa, tediosa e pretenciosamente sensual.

Remata o traballo con Pinball City, con afastados ecos daquela suciedade que posuíu o seu son e que perdeu pouco a pouco.

En resume, The Bellrays ofrécenos un álbum de medias tintas cun notábel frenazo no seu nivel de xenreira e decibelios rock, que xa comezara no anterior Have A Little Faith. Ao seu favor pódese dicir que seguen ofertándonos unha proposta sincera e atemporal, afastada dos cantos de sereas de modas e tendencias.

 

Advertisements

Unha resposta to “THE BELLRAYS: hard, sweet and sticky”

  1. forragaitas 12 Novembro 2008 ás 12:40 #

    Unha boa mezcla a que ofrece esta banda, sen dúbidas. Gran cantante. Esa mestura entre soul e punk era caralluda. Non sei se a perda do guitarrista punk será a cousa o mesmo, haberá que escoitalos logo.

    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: