THE SPINTO BAND: moonwink

25 Nov

the spinto band

preme na imaxe se desexas escoitar o disco

Fai tres anos xa da publicación de Nice and Nicely Done, álbum que contiña un tema, Oh Mandy, que nos fixo primeiro mover os pes co seu alegre compás, máis tarde cantaruxar o seu retrouso con cara de cursis cada vez que a escoitabamos para, ao final, saírmos fuxindo espantados berrando tal cadro de Munch cando comezaban a sonar os seus acordes iniciais. É coma todo, un pouco gusta, un moito cansa (a min xa me pasara co Aserejé). En base a este bombardeo inchouse artificialmente o globo deste sexteto procedente de Delaware, que hoxe vemos que tiña máis de recheo que de chicha.

Moonwink (Park the Van, 2008) é o sexto traballo de The Spinto Band, que foi gravado en Los Ángeles, producido por Dave Trumfo e mesturado por Tchad Blake. Summer Grof foi o sinxelo que adiantou este disco, que veu a luz enteiro o pasado mes de setembro.

Trata de manter Moonwink unha elegancia e unha espontaneidade forzada que rematan por seren monótonas, repetindo sen complexos (nin vergoña) unha e outra vez as mesmas manidas estruturas nerd pop. Logo da súa primeira audición completa rematei por aborrecer a voz do cantante e os seus repetitivos falsetes, case tanto como a unha sobreprodución a base de campaiñas, violíns enlatados, xilófonos cursis, palmas “buen rollo” e coros de caramelo.

¿Que cortes poderiamos destacar/salvar? buf, quizais o pop cabaretístico de Later O, a peza que abre o disco; quizais o primeiro sinxelo, Summer Grof, que está bastante ben estruturado; e quizais tamén a correcta Needlepoint; pouco máis.

Resumindo, que a pesares de teren en mente a procura dun resultado fresco e de doada asimilación, paradoxalmente a linealidade de Moonwink convérteo nun ladrillo bastante intragábel, algo así como un cocido feito só a base de chourizos; un pouco mola, pero si te pasas estache a repetir toda a tarde.

Tracklist:

  1. Later O
  2. Vivian, Don’t
  3. Summer Grof
  4. The Carnival
  5. Needlepoint
  6. The Cat’s Pajamas
  7. They All Laughed
  8. Pumpkins And Paisley
  9. Ain’t This The Truth
  10. Alphabetical Order
  11. The Black Flag
Advertisements

Unha resposta to “THE SPINTO BAND: moonwink”

  1. vintxu 27 Novembro 2008 ás 17:38 #

    xa me pideron outra camiseta para vintxuco pai. XXL

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: