KRAKOVIA esnaquiza o Playa

29 Nov

Krakovia no Playa

Hai cousas que se agradecen. No medio do tedio que ofrece a clónica escena musical actual, que aparezan de súpeto un grupo de persoas que decidan, sen facer nada novo nin inventar a pólvora, situarse adrede no extrarradio e fuxir do conformismo que o asolaga todo, pois iso, que é para darlles unha aperta e incluso un bico.

Iso foi, ou polo menos así me gusta imaxinalo, o que deberon pensar os que se deron cita o pasado venres no Playa Club de A Coruña para asistiren ao concerto de Krakovia. A pesares da noite de cans a sala presentou un bo aforo, aínda que lonxe de acadar un cheo absoluto. Ás 00:50 minutos os músicos foron desfilando polo escenario ata acadar os seus sitios, capitaneados por un David Kano sorrinte a cada intre, como un rapaz con zapatos novos entre o moog e o theremin. Comeza a música, aos xa nomeados trebellos de Kano súmanse dúas guitarras, batería e un baixo que medra en contrabaixo nalgúns temas. O son dos instrumentos xa enche a sala cando fan presenza no escenario Petra Flurr e Vinila Von Bismarck. Un amigo meu, xa con anos de rock and roll nas costas, tenme dito a miúdo que aos grupos de hoxe en día sóbralles aptitude e fáltalles actitude. Pois ben, estes dous de actitude van sobrados: Petra no papel de salvaxe punk de voz profunda e Vinila no de primeira dama da decadencia protagonizan a atractiva imaxe que procura toda banda. Iso si, non só ofrecen personaxes, senón unha máis que correcta interpretación vocal.

Se no disco os distintos instrumentos áchanse cinguidos por unha produción impecábel, no directo a liberdade é a máxima. O baixo ponse á fronte da situación, o batería zoupa nela como un animal moribundo e as guitarras acadan un salvaxismo insospeitado e desexábel.

Pouco a pouco van caendo os temas que agardaban os seareiros da banda, como a inquietante You Are Mine ou Train To Krakow. O público, xa bastante quente, remata por tolear no sexto episodio do concerto cando soan os primeiros acordes de We´re Born In Your City, das máis aclamadas da noite.

Así, entre os temas que conforman o seu debut Road Movie e algunha sorpresa, chegamos ao primeiro final.

Tras uns breves intres de asubíos e berros saen de novo os músicos á palestra para comezaren os bises coa instrumental From The Darkness, que podería considerarse un resumo da súa proposta musical.

Outra agradábel sorpresa chega coa versión de Un Día en Texas de Parálisis Permanente, máis psicótica aínda que a orixinal.

Con Breaking Doors chegamos ao presumíbel final do concerto; pero, ben pola concienzuda insistencia do público, ben porque xa así estaba previsto, volven saír para rematar cunha nova interpretación de We´re Born In Your City. Tras iso aplausos e berros, e uns incondicionais que non se moveron ata que picaron música enlatada confirmando así o final da batalla.

E así foi como nunha fría e chuviosa noite de finais de novembro Krakovia esnaquizou o Playa con esa combinación perfecta de rock and roll clásico, punk desaliñado e teatralidade. Agradécese, vaia que si.

 

Advertisements

2 Respostas to “KRAKOVIA esnaquiza o Playa”

  1. vintxu 2 Decembro 2008 ás 11:33 #

    grazaaas por levarme, gustoume moitísimo, a pesar do sono que tiña e do cansa que estaba, paseino xenial, de feito despois oin o cd e gustáronme máis en directo, tes razón, déronlle bastante máis caña que no disco, ainda asi… tesmo que grabar para o meu cochiño, cos que me debes. O novo de The killers, love of lesbian, etc… xa non recordo que mais che pedin.

  2. cielito lindoooooooo 2 Decembro 2008 ás 11:36 #

    guaaateeee, el postre me encantó pero quedan pendienteeees los langostinooos, para la proximita vez chamaquito.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: