THE BLOWS en directo

3 Dec

the blows

Os vigueses The Blows, unha das bandas máis interesantes dos país, teñen programado para deleite dos seus seareiros (que xa comezan a seren lexión) unha mini-xira que os levará neste mes de decembro nas cidades de A Coruña, Vigo e Ponferrada.

La Iguana Club (Vigo) Xoves 4 de decembro ás 22:00 h. Os billetes pódense mercar en Elepé, Gong Discos e Tipo.

Sala Mardi Gras (A Coruña) Venres 5 de decembro ás 22:30 h. Os billetes pódense mercar en Discos Noni´s e Discos Portobello.

Sala La Vaca (Ponferrada) Sábado 6 de decembro ás 00:00 h. Pódense mercar os billetes en Mr. Natural, Tiki-Bar, Colorado e Bareteo.

O prezo dos billetes para os tres concertos e de 10 € anticipados e 12 € o mesmo día do concerto.

The Blows sacou á venda o pasado 22 de xaneiro o seu primeiro LP, Upskirts (Pupilo Records, 2008). Este traballo está conformado por once temas (todos eles en inglés), dos cales dous xa estaban incluídos na autoeditada maqueta do 2006 05.00 AM.

O cuarteto vigués abraza un estilo refinadamente arrogante e ambiguo que os leva a emparentar con bandas da corda de The Strokes nalgúns temas, para saltar logo no próximo corte do disco a sons colmados de brutalidade punk, dignificando a memoria de The Stooges e afondando na ferida aberta que o seu guitarreo nervioso non deixa cicatrizar.

Upskirts confirmou todos os bos presaxios que prometía a banda nos seus directos, e levounos a acadar, entre outros, os galardóns de 2ª mellor disco estatal pola revista Mondosonoro ou o de Grupo Revelación 2008 pola organización do Festival Cáceres Pop-Art e Bon Vivant Records.

Advertisements

2 Respostas to “THE BLOWS en directo”

  1. vintxu 4 Decembro 2008 ás 09:39 #

    holaaaaaaa, non os escoitei.
    Preparado para a viaxe???? ESPERO QUE SI, LEVO UNHA SEMANA DE ABURRIMENTOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!!!!

  2. vacorinho 4 Decembro 2008 ás 09:58 #

    Estás chea de escoitalos, o que pasa é que non te coscas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: