Silvia Penide no Rosalía de Castro (A Coruña)

16 Dec

speniderosalia

Lembro, ou imaxino entre as brétemas do pasado, aos meus profesores da escola e do instituto. Tívenos de tódalas clases e estilos. Recordo que había algúns que tentaban demostrar autoridade berrando máis que ninguén e dando puñadas sobre a mesa (con nula efectividade na maioría dos casos, todo sexa dito).

Con todo había outros, os menos, raras avis, que conseguían unha total atención por parte da clase sen grandes alardes xestuais nin zorregazos de mala hostia, só cunha especie de hipnose no falar.

Esa mesma actitude de serena autoridade é a que desprende Silvia Penide enriba dun escenario. Todos os que puídemos gozar da calidez do seu directo así o testemuñamos. Só a rotundidade da súa voz xa sería quen de non deixarnos pestanexar un só intre, pero si a iso lle engadimos unhas letras a medio camiño entre o cotián máis melancólico e un onirismo escapista, todo elo aliñado polo bo facer dunha banda deseñada á medida da súa música, atopámonos inmersos de cheo nun streap-tease emocional e colectivo do máis recomendábel.

Este mércores 17 de decembro algúns teremos a posibilidade de vivir de novo estas sensacións, e outros de sentilas por vez primeira. A cita é no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ás 21:00 horas, e a actuación será gravada para a posterior edición dun DVD. Os prezos para asistiren son de seis, nove e doce euros, podéndose adquirir os billetes nos seguintes puntos de venda:

Despacho de Billetes Central (Praza de Ourense, A Coruña).

Despacho de billetes do Teatro Rosalía de Castro (só os días de función).

Tele-venda: 902 504 500

servinova.com

Está previsto que o seu último traballo, Desafinante Crónica (Falcatruada, 2008) leve o peso da actuación, iso si, salpicada con clásicos da autora de Meicende pertencente aos seus dous primeiros traballos.

Anúnciase maxia para esa noite. Estaremos, obrigados e ledos, ben atentos.

Advertisements

2 Respostas to “Silvia Penide no Rosalía de Castro (A Coruña)”

  1. vintxu 16 Decembro 2008 ás 10:27 #

    imos, imos, iiimooooooosssssss!!!!!!!!

  2. vintxu 19 Decembro 2008 ás 08:33 #

    I love silvia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: