A FESTA DA CRICA

18 Dec

festa-da-crica

Data: este vindeiro sábado 20 de novembro.

Hora: ás 23:00 (hora francesa, nin un minuto menos, pode que algún máis)

Lugar: A Terraza (Sada).

Prezo: De balde.

Motivo: concerto feminista para celebrar a NON publicación da nova revista Sadamasoquista, que sairá a principios de xaneiro, e a continuidade da publicación como un dos baluartes da verdadeira libre creación en Sada, promovida pola Asociación Cultural O Currunxo, un faro de luz, de ilustración e prerrafaelismo, na longa e escura noite de pedra sadense.

Participantes:

The:
The é un proxecto que xurde cando dous seres medio ratas de cloaca/medio humanos deciden saír á rúa mastigando chicle de petróleo e tocando cancións de Velvet Underground con guitarras acústicas desafinadas. Estando sempre sen púas nos ensaios, creamos cancións para relaxarse pero ao mesmo tempo para intoxicar a mente nun segundo.

Jiménez Losantos:
Cuarteto de aldea composto por: Cris Cros (baixo, berros e teclado fasfista), Quique Camoiras (guitar-hero e voz), Rafa Aikido (tambores e arengas), Montecarlo (casio pt-1). Soan como Cañita Brava de tapas con Mick Collins.

Los Santos:
Autoproclamados a banda que mellor fode de Coruña, Los Santos son un trío de punk-twist. Son primitivos, cavernosos e viscerais, son sen lugar a dúbidas a mellor banda de rock and roll que poidas ver en directo en Galiza na actualidade. Definidos como os Cramps galegos ou unha mestura perfecta entre Little Richard, The Ramones e Plasmatics, como ocorre con tódolos grandes: ou ámalos ou ódialos. As súas cancións son o único que lles importa. Eternos incomprendidos, aspiran a vender os seus casettes nas gasolineiras. Formados por: Cucaracha (guitar & vocals), Bule Bule (drums) e Hugo The Boss (bass).

 

NOTA: MM non se responsabiliza nin comparte as valoracións contidas neste post, e desvía calquera responsabilidade legal cara os organizadores do evento, responsábeis últimos das informacións aquí verquidas.

Advertisements

Unha resposta to “A FESTA DA CRICA”

  1. vintxu 19 Decembro 2008 ás 08:35 #

    Xa dixen que se non vou é porque xusto ven a Sheffiilítica e non é plan!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: