MANEL: els millors professors europeus

23 Dec

manel

Achegueime a Manel unha tarde fría e chuviosa, a anos luz dos universos mediterráneos que a súa música evoca. Fíxeno con temor a unha grande decepción logo do rebumbio de loanzas que conseguiu Els Millors Professors Europeus, álbum debut desta banda barcelonesa.

Guillén Gisbert, Martí Maymó, Roger Padilla e Arnau Vallvé forman este combo que se atopa a medio camiño entre o folk e o pop, oscilando como un piñeiro no vento e achegando a súa copa a un e outro estilo segundo sexa máis oportuno.

A pesares de ser a súa primeira experiencia na longa duración o resultado non pode ser máis compacto; nada sobra e nada se bota de menos. Els Millors Professors Europeus (Discmendi, 2008) é un collage de doce pezas emanadoras de luminosidade e saudade a partes iguais, cosidas ao lenzo por unhas letras traballadísimas e tinguidas de mil cores por unha instrumentación que deixa as portas abertas a ukeleles, banjos, clarinetes, trompetas, trombóns, violíns e practicamente a todo aquel que queira sumarse á festa.

Non é doado sinalar as xemas máis brillantes deste escaparate de xoiería do Passeig de Gracia; aínda así non podo deixar de nomear o optimismo contaxioso que xurde en min con En la que el Bernat se’t Troba, a preciosa (e vergonzosa) declaración de amor que é Ceramiques Guzmán, os coros da vitalista Pla Quinquenal ou os tons de solpor mediterráneo recollidos na costumista Al Mar.

Pouco a pouco fóronse esvaecendo eses temores á decepción á medida que me achegaba á música de Manel, de tal xeito que cando rematei a escoita do disco erguinme do sofá para proferir un sonoro e sentido aplauso. A miña gata flipou, xúrovolo.

Advertisements

Unha resposta to “MANEL: els millors professors europeus”

  1. Bimba 8 Xaneiro 2009 ás 17:21 #

    sempre pensei que estabas medio pirado!!!!! QUERO QUE VEÑA VINTXUCA, dende que se lle remataron as vacacións teño crises de ansiedade e me quedo tesa en compañía deste individuo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: