THE LOVELESS COUSINS en directo no Mardi Gras (A Coruña)

29 Dec

posterloveless2

Os incondicionais do rockabilly e o rock and roll máis prehistórico deberán marcar no almanaque a noite de reis, xa que mentres os Magos de Oriente penetran sen permiso en tódalas casas, na sala Mardi Gras da Coruña terá lugar o concerto de The Loveless Cousins a partires das 22:30 horas. Os billetes custan 6 euros, e pódense mercar anticipados en El Beasto Shop.

Logo do concerto Tex Beasto e El Nestilo serán os elixidos para continuar a festa picando os pratos.

The Loveless Cousins xurdiu na Coruña a finais do 2004. A banda está formada por Néstor Pardo (voz e ryhtm guitar), Ramón Corona (lead guitar), Quique Pardo (baixo) e Santi Roma (batería). Varios dos seus compoñentes formaron parte dos Honky Tonkin Boozers. Estes catro últimos anos levaron a súa música por toda Galiza, pero tamén por Portugal, Catalunya, Asturies, Madrid,…

Asemade tamén participaron nalgúns compilatorios, como o Hispanic Stomp ou o americano The Wildest, antes da publicación do seu primeiro LP chamado No Squares Ever Tag Along, da man de El Beasto Recordings. Este debut discográfico foi gravado en analóxico nos estudios Circo Perrotti de Jorge Explosión, e nel concentran o que se poderá vivir a vindeira noite de reis no Mardi Gras: un son cru, salvaxe e primixenio, quen de levarnos ata outra época.

Advertisements

Unha resposta to “THE LOVELESS COUSINS en directo no Mardi Gras (A Coruña)”

  1. vintxu 8 Xaneiro 2009 ás 17:18 #

    o tipo recordame a Peter G. de “padre de familia”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: