XIV FESTIVAL TREME A TERRA (Pontedeume)

9 Xan

treme-a-terra

Comeza un novo ano e con el chega, como é habitual desde hai tempo en Pontedeume, un novo Festival Treme a Terra, que cumpre este ano á súa decimo-cuarta edición.

O Festival Treme a Terra está, como sempre, argallado pola asociación cultural homónima, que naceu no ano 95 coa intención de promocionar a lingua e a música galega.

Este xa clásico dos festivais de inverno terá lugar o vindeiro 16 de xaneiro a partires das 21:30 horas, e contará para esta nova edición coas seguintes bandas:

 Arenga: Potente cuarteto de punk-rock formado por Chelen, Pablo, Miguel e Xabi. Sen dúbida unha das bandas eumesas máis en forma, a xulgar polo seu número de concertos.

Betagarri: Banda de ska procedente de Euskal Herria conformada por batería, baixo, dúas guitarras, trompeta, saxo, trombón e cantante. Levan vendidos ao longo da súa carreira máis de 50.000 discos, e expuxeron o seu directo por medio mundo (Xapón, USA, Alemaña,…).

Chámalle Xis: Banda de rock and roll coruñesa que gosta de achegarse aos territorios do soul e do rhythm and blues. Miqui, María Xosé, Gaita e Arón son os seus compoñentes.

Magnifique Band: Percusións, guitarra, trombón, tuba, trompeta e dous saxos son as armas que emprega esta banda galega de música dixie, que ten nas rúas o seu hábitat natural.

Advertisements

Unha resposta to “XIV FESTIVAL TREME A TERRA (Pontedeume)”

  1. Vintxuca 16 Xaneiro 2009 ás 07:44 #

    imos logoooooo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: