SWEET OBLIVION BAND: melted to oblivion

16 Xan

1219921987690_f1

Vivimos nos noventa o intenso agromar de bandas como Pearl Jam, Nirvana ou Stone Temple Pilots. Lembro que escoitabamos os seus discos e semellábannos o non vai máis da orixinalidade (cando non o eran tanto), e tiñamos a tristeira sensación que ese son tiña data fixa de caducidade (que tampouco foi así, polo menos de xeito absoluto). Por iso a música de Sweet Oblivion Band esperta en moitos de nos unha mestura de sentimentos de saudade e de ilusión por converter en clásicos aos que foron os nosos ídolos xuvenís fai xa tres lustros.

Sweet Oblivion Band son un cuarteto provinte de San Sadurniño, composto por Xurxo (guitarra), Fernán (voz e guitarra acústica), Beni (baixo) e Pichi (batería e percusións). A sona adquirida por mor dos seus directos picou a miña curiosidade, o que me levou a facerme coa súa máis que correcta maqueta do 2005.

Agora, tras madurar sen presas a súa música, deron o oportuno chimpo á longa duración con Melted To Oblivion. Para todos aqueles que queirades facervos cunha copia dicirvos que o disco está moi ben distribuído, podendo conseguirse en tendas Tipo e Fnac, ou a través de internet nas seguintes ligazóns:

http://www.tipo.es/index.php
http://www.zonadecompras.com/artista.asp?idartista=46959
http://www.fnac.es/dsp/?servlet=home.HomeServlet

Tamén poderedes escoitar os seus temas en directos nas seguintes datas e lugares:

Sala Xoldra (Guitiriz): 23 de xaneiro de 2009.

Sala Mardigras (A Coruña): 30 de xaneiro de 2009.

Sala Run Rum (Ferrol): 4 de abril de 2009.

O disco baséase ante todo nunha (aparentemente) moi traballada composición, implementada logo á hora da gravación co resto das virtudes que a banda atesoura: unha voz óptima para o rock and roll, unhas guitarras que modulan a súa potencia cando o tema así o require, e un baixo e unha batería que destilan seriedade e traballo en cada segundo do álbum.

Se a todo isto lle engadimos unha coidada produción atopámonos de fronte ante unha das apostas máis sólidas do rock made in Galiza; resultado, posibelmente, da paciencia e da cocción do proxecto a lume lento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: