Dúas propostas musicais en Ferrol

23 Xan

ferrol

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enviáronme a Greca e Ameneiro esta semana sendas informacións relativas a un par de máis que interesantes concertos que terán lugar na cidade departamental antes de que remate este mes de xaneiro.

Mañá, sábado, 24 de xaneiro, terá lugar no Teatro Jofre a actuación do neoiorquino Elliot Murphy, no que será a única parada en Galiza da xira de presentación do seu último traballo Notes from the Underground. Este disco, que supón o número 29 da súa carreira, está auto-editado e distribuído por Karonte, e nel continúa explorando os sons folk-rock que poucos dominan como el.

As entradas pódense mercar no despacho de billetes do propio teatro en horario de 11 a 13 horas pola mañá e de 18 a 20 horas pola tarde (o día do concerto ata as 20:30). Os prezos varían entre 9 e 15 euros dependendo da localidade escollida.

Por outra parte o sábado 31 de xaneiro terá lugar na Sala Run Rum (Rúa Real, 223, baixo) un dobre concerto a cargo de Eskakeo e Karma-Cola.

Eskakeo son xa uns clásicos do rock ferrolterrán, no que militan desde 1995. O día 31 presentarán nova formación por mor da entrada de Maki (vocalista, desde Italia) e Kächy (guitarra solista).

Karma-Cola son unha banda portuguesa que visitan Ferrol por vez primeira. A súa música é unha mestura de rock, acústica e psicodelia.

O evento está fixado para as 22:00 horas (puntuais) e o prezo da entrada son 4 €.

Advertisements

2 Respostas to “Dúas propostas musicais en Ferrol”

  1. Vintxuca 23 Xaneiro 2009 ás 16:40 #

    jajaja o garito dalle comisión al perro ameneiro ou que???? xa é un asiduo.

  2. Forragaitas 28 Xaneiro 2009 ás 21:24 #

    ¿Que tal foi o de Elioth Murphy??

    Un saúdo, ho0xe pola noite envíoche o rollo aquel. Un saúdo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: