BRUCE SPRINGSTEEN en Compostela

29 Xan

cover

——————

Pode que sexa unha das novas musicais máis salientables deste 2009 que non fixo máis que arrincar; o de New Jersey actuará o domingo 2 de agosto no Monte do Gozo ante unhas 30.000 persoas, en virtude do acordo ao que chegaron a sociedade xestora do Xacobeo e a empresa catalá Doctor Music, organizadora no estado das xiras do Boss.

Polo intre aínda se descoñecen os prezos dos billetes e as datas nas que sairán á venda.

O concerto intégrase dentro da xira de presentación de Working on a Dream, composta de 47 datas e que botará a andar o 1 de abril en San José (California).

Working on a Dream supón o álbum número 24 da carreira de Springsteen, e sae á luz tan só dous anos despois da publicación de Magic, o seu anterior traballo.

Os temas que o integran foron gravados coa E Street Band nos tempos de lecer da maratoniana xira que os levou por todo o mundo nos anos 2007 e 2008.

Supón tamén o derradeiro traballo no que participou Danny Federici antes do seu pasamento en abril de 2008 por mor dun cancro.

Como curiosidade salientar que o tema que da nome ao traballo, Working on a Dream, foi interpretado por primeira vez nun acto da campaña electoral do actual presidente dos Estados Unidos Barack Obama.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: