A SEMANA DE… Miguel Alonso

4 Feb

Miguel Alonso defínese a si mesmo como cantautor, sin encadrar a súa música en ningún outro tipo de definición, xa fotosestudio71que as súas cancións están inspiradas nos estilos máis variados: o principal deles é o rock acústico, ao estilo de cantautores como Bob Dylan, do que tamén recolle o folk e o country. Tamén se aprencian as influenzas doutros compositores como Joaquín Sabina, Ismael Serrano, Silvio Rodríguez ou Aute. Aquí deíxanos as súas recomendacións para unha semana musical redonda:

Aquí vos deixo 7 discos para escoltar nunha semana. Non todos son os que máis escoito, e moitos non son os meus discos de cabeceira, pero non vos arrepentiredes de oílos.

LUNS: 19 Días y 500 Noches, Joaquín Sabina. Adoro a Sabina polas súas letras e detesto a produción e o son da maioría dos seus discos. Este é unha excepción (grazas á produción do Tequila Alejo Stivel). ¿Que mellor para comeza-la semana?

MARTES: Plata, Pablo Guerrero. Esquecido por case todos, ou apenas recordado por ser o autor de A Cántaros. É curioso que un cantautor dos 70 teña que explicarnos aos de agora como facer un disco moderno e sinxelo… Unha xoia.

MÉRCORES: Kamikazes Enamorados, Quique González. Escoita calquera disco de Quique, pero escóitao. Practicamente gravado só con piano e acústica, neste traballo Quique demostra que se hai boas cancións detrás, a sobreprodución sobra.

XOVES: Mano a Mano, Silvio Rodríguez + L.E.Aute. En realidade, máis que este disco en si, terías que coñece-la obra destes dous grandes da canción de autor, pero para comezar está máis que ben.

VENRES: Love and Theft, Bob Dylan. ¿queres coñece-la historia da música americana? Pasea polos temas deste disco. O vello poeta eléctrico da unha clase sobre swing, blues, jazz, rock, country… ¿alguén da máis?

SÁBADO: La Mandrágora, Sabina+Krahe+Pérez. Disco mítico da música de autor en español. A mestura perfecta entre entreter ó público e dicir cousas, cunha guitarra e un kazoo. Tiña eu 15 ou 16 anos cando o escoitei por primeira vez. Poucos discos deixáronme tan alucinado á primeira escoita…

DOMINGO: Diego Vasallo, Las huellas borradas. Pouca xente se lembra xa do ex-baixista de Duncan Dhu, máis célebre polas cien gaviotas donde irán que polos seus discos actuais. Este cd é unha especie de compilatorio dos seus discos dos últimos anos, con regravacións dalgúns temas e a colaboración de Quique González. Música acústica para as tardes de domingo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: