MIGUEL ALONSO en concerto

4 Feb

Xa que posteamos as recomendacións para unha boa semana musical de Miguel Alonso, aproveitamos tamén para anunciarvos un par de concertos que o cantautor ferrolán ofrecerá en formato de trío acústico, é dicir, Miguel Alonso (voz, guitarra, armónica e piano), Víctor Méndez (baixo acústico e eléctrico) e Javier Santana (guitarras).

O primeiro deles terá lugar na FNAC da Praza de Lugo na Coruña o vindeiro venres 6 de febreiro, enmarcado nas finais do I Certame Xpressionks. Será a partires das 19:30 horas e con entrada de balde. Tamén actuará Marcos Mella.

O segundo terá lugar no Ateneo Ferrolán da cidade departamental o sábado 7 de marzo ás 20:00 horas. O billete ten un prezo de 3 euros.

Nestes dous directos Miguel Alonso lembrará temas antigos da súa traxectoria e adiantará moitos dos que integrarán o seu vindeiro traballo, cantado integramente en galego.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: