Xira de MAGRITTE

12 Feb

flyer_magritte2

Magritte é o froito da converxencia do músico José Lameiras e a actriz Nate Borrajo. Xuntos pariron unha boa guía do optimismo á que bautizaron como Viaje a la Luna.

Esta guía componse de dez episodios, dos que Lameiras é responsábel único da súa autoría, ademais de aportar guitarras e voces de de producir o traballo.

A citada Nate Borrajo (voces), Aser Álvarez (batería), Xurxo Labrador (baixo), Jesús Dopazo (guitarras e teclado) e o actor Josito Porto (coros) completaron o conxunto dos participantes na gravación do disco.

A frescura que exhala Viaje a la Luna débese en grande parte a que foi gravado en directo nos estudios Xingreira. Agora podemos gozar en vivo da música de Magritte nos seguintes lugares:

Sábado 14 de febreiro: Pub Gatos (Melide)
Sábado 7 de marzo: Café Auriense (Ourense)
Mércores 8 de abril: La Casa de los Sueños (Verín)
Sábado 25 de abril: Sala Run Rum (Ferrol)
Domingo 26 de abril: Teatro Principal (Ourense)
Sábado 2 de maio: Sala Son (Cangas do Morrazo)
Xoves 9 de xullo: Café Ollo Ledo (Ourense)

Advertisements

2 Respostas to “Xira de MAGRITTE”

  1. Forragaitas 15 Febreiro 2009 ás 18:01 #

    Valoro moito aos artistas que gravan en directo, é unha posta pola honestidade.

  2. josé lameiras 16 Febreiro 2009 ás 10:36 #

    ola a todas e a todos…son José Lameiras de Magritte…despois de grabar con caixas de ritmo, samplers, midis, por pistas, etc etc…a mellor maneira e a máis directa de grabar e tocando todos xuntos en directo e coma ti moi ben dis tamén e a maneira máis HONESTA.unha aperta!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: