INDUSTRI ROYAL en Galiza

17 Feb

industry-royal

Algo debe pasar en Escandinavia que xera continuamente bos grupos a manchea, abranguendo un amplo espectro musical que vai desde posturas netamente hard-rock (Gluecifer, Hellacopters, Turbonegro,…) ata as paraxes máis soft do pop (Jens Lekman, Peter Bjorn & John, Moi Caprice,…) Entre estes dous extremos poderiamos situar a bandas como The Hives, Mando Diao ou a que hoxe nos ocupa, os suecos Industri Royal.

Este cuarteto liderado por Joe Dunkel presentarán a finais de febreiro o seu debut, Tacky Skills, en catro salas galegas:

Mércores 25, Fábrica del Chocolate (Vigo)
Xoves 26, Sala Capitol (Compostela)
Venres 27, Sala A Reserva (Carballo)
Sábado 28, Sala Run Rum (Ferrol)

As entradas teñen un prezo de 8 € anticipadas (Compostela: Discos Gong / A tenda Reixa; Carballo: Sala a Reserva e Ferrol: Sala Run Rum) e 10 € o mesmo día no despacho de billetes, agás en Vigo que só se poderán mercar o mesmo día do concerto.

Tacky Skills (Alleycat Records, 2009) está aínda quente, xa que saíu do forno o pasado 28 de xaneiro. Nel pódese observar todo o que Industri Royal prometera nos seus EP anteriores: cancións curtas, inmediatas e sobordantes de ritmo, baseadas nunha estrutura new wave pero con acabados punk.

Como curiosidade sinalar que os compoñentes de Industri Royal viven xuntos desde a formación da banda no ano 2004, un ingrediente máis para achegarnos a comprobar de que van estes suecos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: