YOPLAY: killmymother

8 Mar

yoplay-killmymother-2009

Comecei a escoitar Killmymother, o EP que veñen de publicar Yoplay con grande interese por mor das loanzas escoitadas, polas influenzas declaradas pola banda e tamén (frivolamente, admítoo) porque me encanta a portada.

Yoplay é unha banda da bisbarra do Sar, e está formada por Lois (voz), Pardal (batería), Charleti e Xacobe (Guitarras), Angelito (baixo e efectos) e Nico (Baixo).

Killmymother está distribuído baixo licenza Copyleft e pódese descargar de balde na web A Regueifa Plataforma.

Coas primeiras notas das esquizofrénicas guitarras dáste conta do por que a banda sinala como referentes a The Strokes ou Franz Ferdinand.

Killmymother é unha colección de seis hábiles e nihilistas propostas post-punk. O seu nervio lembra aos máis entolecidos Joy Division (esa Wiass), pero tamén a bandas contemporáneas como Bloc Party ou Kubichek!.Girl ou I Miss Your Voice poden ser dous exemplos de todo isto, nos que cada acorde tórnase nunha nova volta de torca, pero sen chegar nunca a pasarse da rosca. Totalmente recomendábel.

Advertisements

3 Respostas to “YOPLAY: killmymother”

  1. vintxuca 8 Marzo 2009 ás 20:07 #

    vengaaaaa, taluega.

  2. yoplay 9 Marzo 2009 ás 21:50 #

    Ahi vos deixamos un video de yoplay da ultima actuación. Moitas gracias por poñer eso sobre nos 😉

  3. Forragaitas 17 Marzo 2009 ás 19:58 #

    Un bo nome!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: