THE HOMENS: cuarta potencia

26 Feb

Os homensadictos, que non son lexión pero si moi fieis, están de parabéns coa aparición desta Cuarta Potencia e a xira de presentación que este feito supón.

Tras catro anos na estrada; catro traballos discográficos publicados: 2 EP´s (autoeditados, 2005 e 2006), Tres (Falcatruada, 2007) e Cuarta Potencia (Lixo Urbano, 2009); e a incorporación dun cuarto homen (Cristovo, no teclado), o nome deste último LP xa lles viña dado.

Esta colección de 12 vibrantes pílulas power-pop (ou xa poderiamos ir superando esa etiqueta?) está producida por Santi García, artífice, entre outros, dos traballos de produción de bandas tan recoñecidas como The Unfinished Sympathy.

The Homens amplían aquí o seu abano de opcións melódicas coa entrada de Cristovo, palpábel en temas como Crocanti ou A Linha Verde, profundando na rotundidade da súa proposta e elevando o ruído por mor dunhas coidadísimas guitarras, o que xa é unha marca da casa.

Cuarta Potencia pódese descargar de balde en formato MP3 desde a propia web da banda: www.thehomens.com, e os que queirades gozar co directo de Martin Wu, Xocas, Roi e agora tamén Cristovo, apuntade estas datas:

NUEVA VULCANO + THE HOMENS:

– 4 de marzo: Sala Moon (Compostela). 22:30 h. Anticipada 8 € (A Reixa Tenda), no despacho de billetes 10 €

– 5 de marzo: Sala Mardi Gras (A Coruña). 22:00 h. Anticipada 10 € (El Beasto), no despacho de billetes 12 €.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: