THESE NEW PURITANS: hidden

1 Mar

No difícil intre de cavilar un segundo traballo, These New Puritans decidiron chimpar cara adiante e fuxir así da cómoda herdanza acadada co moi digno Beat Pyramid (2008), troco que supón tamén unha labazada coa man aberta á posibelmente multitudinaria carreira comercial do cuarteto británico.

These New Puritans está formado por Jack Barnett (voz e compositor), o seu xemelgo George (batería, loops,…), Thomas Hein (baixo, samplers,…) e Sophie Sleigh-Johnson (teclado e samplers).

Hidden, producido polo propio Jack Barnett e Grahan Sutton, debe ser collido con paciencia para podermos apreciar, tras escoitalo varias veces, tódalas súas arestas sonoras e a completa sensación de liberdade que transmite tanto desde a fixación do seu concepto como da súa execución.

Melodías engaiolantes, percusións anarquistas (empregando incluso tambores taiko xaponeses) e viaxes astrais fletadas sen complexos pola inclusión de sección de ventos, inzan este novo cosmos.

We Want War, elixido como primeiro sinxelo, é un compendio das súas virtudes, traxe xenial resultado da audacia dos seus alfaiates.

En Attack Music e Orion podemos gozar do emprego de coros de nenos, que estimulan a épica da proposta.

Non é doado quedar cun corte dentro dun álbum tan heteroxéneo como este, pero quizais Drum Courts- Where Corals Lie foi dos que máis gustei: un desacougo in crescendo de máis de 6 minutos.

Hidden é, en resumo, un inmenso bazar onde mercar experimentación, risco e violencia, erixíndose así como un dos traballos máis estimulantes que poderemos escoitar neste 2010.

Mas un aviso: non é apto para tódolos ouvidos.

Se queredes gozar do directo de These New Puritans poderedes facelo o vindeiro 11 de marzo (cuarta feira) no auditorio da sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña, dentro do ciclo Vangardas Sonoras, a partires das 21 horas.

Advertisements

Unha resposta to “THESE NEW PURITANS: hidden”

  1. vintxuca 29 Marzo 2010 ás 14:54 #

    Fun ó concerto deste grupo na fundación caixa Galicia con catro amigos e non nos gustou a ningún dos catro, de feito, a minha amiga miri que estaba desexando velos porque gostaba dos seus discos, definiu ó cantante como un “eminem nazareno”…hhahhahhaha!!!!!
    apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: