THE LOVE ME NOTS: xira galega

8 Abr

The Love Me Nots combertiranse nalgo grande axiña e ti poderás dicir que estiveches véndoos na súa primeira visita ao noso país. Se os seus dous primeiros discos eran pura nitroglicerina, Upsidown Insideout é sen dúbida o seu mellor traballo, doce cortes que son doce absolutos hits. Moi poucas bandas son quen de parir un traballo tan redondo, e eles fixérono usando unha fórmula tan simple como combinar as súas influenzas dos 60 e 70, bañalas en Fuzz e Farfisa e facernos crer que estamos de volta en 1963. Mas non vaias crer que o seu é simple revival. Os seus discos sonan absolutamente frescos e actuais. De non ser así a revista Rolling Stone francesa non lles tería adicado dúas páxinas recentemente. É aí onde se encontra o maior atractivo desta banda, nesa combinación gañadora entre pasado e futuro e por suposto… un derroche de clase. Little Steven está tolo por eles e xa os incluíu no recopilatorio do seu selo. O mesmísimo Alice Cooper declarou a súa admiración polo cuarteto e Jim Diamond (White Stripes, The Dirtbombs…) acompáñaos nesta xira e colabora sempre con eles.

VENRES 9 de ABRIL . FERROL . Run Rum . 21:45 h

SÁBADO 10 de ABRIL . VIGO . Mondo Club . 23:00 h

 fonte: El Beasto Recordings & Tours

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: