VINILA VON BISMARK & THE LUCKY DADOS: the secret carnival

14 Abr

O vindeiro martes 20 de abril Vinila von Bismark&The Lucky Dados publican The Secret Carnival

Vinila von Bismark lidera un novo grupo musical  de puro rock&roll chamado Vinila von Bismark&The Lucky Dados .

The Lucky Dados son un trío de Madrid adorado e respeitado no ambiente rockabilly máis underground e purista. Levan 10 anos en activo, son grandes músicos e sacaron ata hoxe só vinilos cunha compañía xaponesa .

Coñecéronse durante un concerto de Lucky Dados fai un ano e foi amor a primeira vista.

O resultado é The Secret Carnival, o seu primeiro disco, que se publica o 20 de abril.

O grupo acaba de chegar de Londres onde estivo con Graeme Durham ( productor e pai de Kitty, Daisy &Lewis)  nos estudios Exchange dándolle os derradeiros toques ao álbum , un compendio marabilloso e excitante de puro rock&roll , swing , calypsotropical que incorpora sonidos do cabaret do periodo de entre guerras , do circo carnival dos anos 20 e os 30 pero traído ao 2010 con toda a potencia, a enerxía, actitude e personalidade de Vinila von Bismark& The Lucky Dados .

Ao trío rockabilly de contrabaixo, guitarra e batería engadenselle ventos nun disco no que Vinila participou activamente na composición de música e letra xunto cos seus compañeiros de The Lucky Dados.

The Secet Carnival foi rexistrado nos Estudios Reno de Madrid baixo a produzón de The Lucky Dados e Luca Petricca .

fonte: subterfuge records

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: