LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE en directo no Ultramarinos

21 Abr

XOVES 22

Ás 22.30 / Entrada 3€ – entrada + vinilo 5€

Nados entre pocións, caveiras e conxuros, cunha actitude e son completamente tolo, estes fans de Screaming Lord Sutch, das vellas series de ciencia ficción e dos donuts, adícanse a destrozar pérolas ocultas do rock’n’roll e o r’nb, coa mesma decadente elegancia coa que seu pai protagonizaba as vellas películas de Roger Corman. No seu repertorio encontrarás temas de Chuck Berry, The Rolling Stones, Eddie Cochran, Bo Diddley, The Sonics ou The Trashmen, pasados por un filtro de crudeza e reverberación, que che farán sentir unha excitante mestura de terror e pracer. A banda perfecta para pasar a noite do xoves meneando o esquelete.

Agora entrado o 2010 presentan o seu primeiro traballo discográfico, un vinilo de 7” gravado en Circo Perrotti por Jorge Explosión e Mike Mariconda, e publicado por Freeky Dicky Records con temas propios e o seu son de sempre.

fonte: ultramarinos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: