BLOWS FUCK CANCER

15 Dec

máis inf na web de The Blows picando na imaxe

O xoves 22 de decembro terá lugar na Sala Mondo (Vigo) un concerto ao músico Álex Lago, baixista de The Blows que  mantén unha intensa loita contra o cáncer. Reproducimos a nota de The Blows:

“Queridos amigos, o vindeiro xoves 22 de decembro, imos dar o concerto máis importante da nosa vida na Sala Mondo en Vigo. Desde fai un ano o noso baixista e grande amigo Álex Lago está loitando con todas as súas forzas contra un cáncer moi agresivo recibindo varios tratamentos de quimio e radio en decenas de sesións, mais o mal segue a crecer e chegou o intre no que todos debemos facer algo para loitar con el contra esta terríbel doenza.
Nestes intres Álex encóntrase en Pamplona realizando unhas probas que lle custan arredor de 5000 euros. O resultado do estudo xenético ao que vai someterse é para poder administrarlle un tratamento que estiman custará perto de 40.000 euros.
Como saberedes, ningún dos membros do noso grupo vimos dunha familia adiñeirada, nin temos os petos cheos. Nunca vos pedimos axuda económica para a gravación dun disco ou similar, esta vez pedímosvos que vos unades a nós nesta festa para axudar a Álex a seguir coa súa batalla e poder gañar a guerra.
Por iso imos organizar un concerto solidario cunha achega de entrada de 10 euros, sen lista de convidados. A recadación destinarase integramente a axudar a custear o seu tratamento. Ao mesmo tempo, habilitaremos unha conta corrente para aqueles que queiran axudarnos pero non poidan asistir ou simplemente facer unha achega extra e realizaremos unha poxa.
Para todas e cada unha das doazóns que fagades, poñendo o voso nome no concepto da transferencia, encontraremos o xeito de devolvervos o gran favor nun futuro próximo.
A conta da Caixa é 2100 8091 09 0100001494
(Titular : Alejandro Lago)

A poxa consistirá nunha selección de obxectos de memorabilia do rock and roll dos artistas invitados a tocar connosco e algunha sorpresa máis. Os obxectos polos que poderedes puxar irémosvolos adiantando por internet.
Os artistas que se sumaron desinteresadamente a tocar connosco esa noite son:

Amaro e Iván Ferreiro + Eladio y los Seres Queridos + Ibán Marciano + March + Meteoro Dj + Nicolás Pastoriza + Paco Catpeople + Pedrito Diablo y los Cadáveras + Silvia Superstar + Thee Tumbitas + Triángulo de Amor Bizarro
Faltan moitos amigos pero resúltanos imposible tocar con todos. Agardamos contar coa vosa presenza o 22 de Decembro en Mondo ás 21h. Non podedes faltar!
FUCK CANCER!!
Xoves 22.12.11 – 21:00 hs.
Entrada: 10 €
Á venda en: Elepé, Honky Tonk, Tipo, Carnaby (Pontevedra) y A Reixa (Santiago)
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: