YO LA TENGO anuncia que Ira Kaplan padece unha grave doenza

21 Dec

Cada ano, e coincidindo co Hanuka, Yo La Tengo celebra unha serie de concertos en New Jersey, cidade onde se creou a banda no xa afastado 1984.  Mais este ano estes directos sufrirán unha modificación por mor do anuncio de que Ira Kaplan (vocalista, piano, guitarras) padece unha importante doenza. Porén, este problema de saude non conlevará a cancelación dos concertos do trío,  xa que o propio Kaplan confirmou que está en proceso de recuperación e participará nos directos sentado. Fica por ver como afectará esta doenza ao concerto que teñen previsto dar no vindeiro San Miguel Primavera Sound.

Yo La Tengo está formada, ademáis do propio Kaplan, por Georgia Hubley (batería, piano, voces) e James McNew (baixo, voces). O trío de New Jersey nunca chegou a acadar un enorme éxito entre o público (ainda que conta cunha importante masa de incondicionais espallados polo mundo), mais os seus traballos sempre foron case unanimamente alabados pola crítica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: